O pleno carballés tamén trata #SalvaroCasino dende o urbanismo

A famillia de #SalvaOCasino entrando no pleno carballés. Foto- @casino1889

Unanimidade no pleno deste pasado luns en Carballo para aprobar a unha moción presentada polo PSOE local para incluir o edificio do Casino no Catálogo do PXOM, coa intención de protexelo urbanísticamente.

As camisetas brancas de #SalvaOCasino invadiron o salón de plenos para arroupar este cambio da ficha urbanística dun edificio centenario que pode cambiar o seu futuro. Un edificio histórico, cheo de vida dende hai máis de 100 e ata os nosos días, que está pendente dunha posible operación de especulación inmobiliaria.

Parece evidente que a mobilización social na vila carballesa é clara. Xa se demostrou no seu día conseguindo recadar 70.000€, unha cifra histórica, nunha semana para poder paralizar o proceso de venda a unha promotora inmobiliaria, e así lévase facendo dende 2018, coa constancia da organización de eventos, enchendo de vida este espazo vivo.

#SalvaOCasino no pleno carballés-Foto-@casino1889

HISTORIAL SOBRE O XUÍZO DO CASINO