Carballo volve a unirse para salvar o Casino e apelar unha sentenza que consideran "pouco rigorosa"

Este venres celebrou a xente do Casino 1889 de Carballo realizou unha asemblea para decidir que facer ante a sentenza desfavorable sobre a propiedade do edificio.
E non hai medias tintas, cada un dos máis de 60 socios e socias que participaron decidiron apelar ante a Audiencia unha sentenza que consideran "contraditoria" e "pouco rigurosa". As socias do Casino 1889 votaron a favor de seguir unidas para "manter en pé este espazo de valor histórico, cultural e social para todas as persoas da vila".
A sentenza recibida o 27 de marzo foi desestimada por, segundo a xuíza, "exercitar o dereito ao retrato fóra de prazo por un día". Pero o avogado da asociación, Carlos Abal considera que “candovo derradeiro día de prazo é inhábil, coma neste caso, que cadraba a domingo, hai doutrina legal do Tribunal Supremo que dicta que o prazo queda prorrogado ao seguinte día hábil".
Por outra banda, o texto tamén dictamina que xa "no ano 2016 sabíamos que o propietario era Horta do Casino SL, e que podíamos ter investigado, sen ter en conta que a doutrina do Tribunal Supremo (coma a sentenza que cita do ano 2010) é que o prazo se conta dende que se coñecen as circunstancias da transmisión, e iso non se soubo ata o mes de agosto de 2018".
"Carballo non se rende"
"Carballo non se rinde e decide seguir loitando por manter en pé un dos seus lugares insignia. Queremos chegar ao fin da cuestión, despois de cinco anos traballando neste proxecto, non imos rendernos sen chegar ata o final”, aseguran dende a
asociación.
Dende a asociación, saben que, de ganar o xuízo, o futuro do Casino está claro: seguir sendo un espazo para o pobo, rematar de restauralo, e continuar facendo actividades culturais para toda a poboación. En caso contrario, ninguén sabe, xa que a contraparte, Horta do Casino S.L, nunca se pronunciou sobre o futuro do edificio.
PXOM
Mencionouse na Asemblea que outra alternativa para protexer o inmoble sería que se incluise no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Confirmou o avogado, con respecto a isto, que unha vez iniciado o trámite dende o Concello xa quedaría amparado.
.
HISTORIAL SOBRE O XUÍZO DO CASINO
- Marzo 23:A Asociación Casino 1889 afronta combativa a senteza xudicial sobre o edificio
- Xullo 22: O Xuízo do Casino, visto para sentenza.
- Xullo 22: O Xuízo do Casino1889: “Temos a sensación de que seguramente non vai ser o final disto”.
- Marzo 2022: O Xuízo que decidirá o futuro do Casino adíase ao 12 de xullo.
- 04-03-222: Un maratón de actividades para #SalvaroCasino.
- 28-02-022: A presión inmobiliaria ameaza o emblemático Casino de Carballo.
- Febreiro 2022: Un mes para salvar o Casino.
- Abril 2020: O xuízo pola propiedade do Casino 1889 terá que agardar.
- Marzo 2020: Xa hai data para o xuízo do edificio do Casino: “Contamos coa baza social para vencer á especulación”.
- Febreiro 19: O Casino 1889 quere recuperar o seu mítico bar e afía armas para o xuízo pola propiedade.
- Setembro 18: A “Xente Bonita” salva o Casino
- Agosto 18: Os socios e colaboradores salvarán o Casino cos seus microcréditos.
- Outubro 18: O Casino de Carballo, ou como a cultura pode ser pasto da especulación