A Asociación Casino 1889 afronta combativa a senteza xudicial sobre o edificio

Dende o pasado mes de xullo levaba a comunidade veciñal xerada arredor do Casino 1889 de Carballo esperando a resolución do xuízo sobre a propiedade do centenario edificio. E chegaba esta semana, cunha sentenza que permite á propiedade especular co edificio e desestima a demanda da Asociación, que non o dereito retracto para recuperar a propiedade, chegou fóra de prazo, ademais da na suposta rescisión do contrato de arrendamento en xullo de 2016.
Unha sentenza que que consideran “desfavorable para o Casino, como asociación, e para todas as persoas que fan do Casino o que é, un espazo vivo e para tod*s, pero, sobre todo, é desfavorable para Carballo, que volve a ver ameazado outro lugar de valor, da mesma forma que, no seu día, a casa de Chinto, os antigos Baños Vellos ou o Cinema Ideal, espazos aos que agora só temos acceso en fotografías”.
En calquera caso, a entidade non quere falar de “derrota” e non se rende, e asegura que vai apelar a decisión. Por iso convocan unha asamblea de socias e socios o vindeiro día 14 de abril para “compartir opinións, estar xuntas e coller forzas”. No seu comunicado fan fincapé en que, de chegar a ser a asociación propietaria do edificio, o seu compromiso continúa a ser o de seguir traballando para completar a súa restauración e que sexa un espazo para a vila.
As causas da sentenza
Explican que é certo que a documentación foi ao seguinte día hábil do prazo, pero aseguran que así cumpren cos tempos establecidos polo Tribunal Supremona na sentenza de data 29 de abril de 2009 (Recurso 511/2004). Por outra parte, na propia sentenza, con respecto ao arrendamento, recoñécese que o Casino non só continuou pagando o aluguer, senón que, en agosto de 2018, incluso se recibiu a notificación, por parte da propietaria, para continuar facéndoo, noutra conta, a partir do mes de outubro dese ano.
Deste xeito, e ao ser só unha cuestión de forma, cren que a parte importante que é o prezo, e que malia que a propiedade nun primeiro momento indicou 70.000€ (que xuntaron gracias á aportación de ducias de veciños) a empresa Horta do Casino SL dixo que foi unha confusión e que o prezo real é de 360.000€, unha cifra que para a Asociación é asbolutamente irreal.
HIstorial SOBRE O XUÍZO DO CASINO
- Xullo 22: O Xuízo do Casino, visto para sentenza.
- Xullo 22: O Xuízo do Casino1889: “Temos a sensación de que seguramente non vai ser o final disto”.
- Marzo 2022: O Xuízo que decidirá o futuro do Casino adíase ao 12 de xullo.
- 04-03-222: Un maratón de actividades para #SalvaroCasino.
- 28-02-022: A presión inmobiliaria ameaza o emblemático Casino de Carballo.
- Febreiro 2022: Un mes para salvar o Casino.
- Abril 2020: O xuízo pola propiedade do Casino 1889 terá que agardar.
- Marzo 2020: Xa hai data para o xuízo do edificio do Casino: “Contamos coa baza social para vencer á especulación”.
- Febreiro 19: O Casino 1889 quere recuperar o seu mítico bar e afía armas para o xuízo pola propiedade.
- Setembro 18: A “Xente Bonita” salva o Casino
- Agosto 18: Os socios e colaboradores salvarán o Casino cos seus microcréditos.
- Outubro 18: O Casino de Carballo, ou como a cultura pode ser pasto da especulación