Domingo. 05.05.2024
El tiempo

A Rúa dos Contos abriu o telón do FIOT

Victor Fabregas no FITO 2023-Rua dos Contos
Victor Fabregas no FITO 2023-Rua dos Contos
A Rúa dos Contos abriu o telón do FIOT

Abriuse o telón da 32ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro, o #FIOT32. Foino coa primeira actuacion da serie Rúa dos Contos, o ciclo de monólogos que traerá polas tabernas xentes como Pepe Viyuela, Soledad Felloza, Bea Campos, Natalia Outeiro ‘Pajarito’, Xan Veiga, Antón Coucheiro e Dani Blanco. Foi Víctor Fábregas o que, esta pasada noite de 28 de setembro rompía o xeo e facía rir a todo o Mesón do Pulpo. O esteirán transformouse en ‘Josentonio’, un home con séculos de experiencia que nos contou as vantaxes e inconvenientes de vivir para sempre no espectáculo O inmortal.

Xa hoxe, venres, a actividade da Rúa dos Contos chegará ao Cassino 1889, ás 21.00 horas, da man de Bea Campos e o seu monólogo Marcho, que teño que marchar; unha proposta divertida e teatral que convidará ás asistentes a reflexionar sobre os roles establecidos, a igualdade e a perspectiva de xénero.  Xa ás 22.30 horas, n’A Estación, terá lugar a estrea absoluta de Sonchistorias, o novo espectáculo co que Xan Veiga festexa tirnta anos sobre as táboas e platós de televisión. 

De cara ao sábado 30, ás 21.00 horas, o Valle Inclán Café será o escenario no que Antón Coucheiro e Dani Blanco presenten Arestoria, o país das historias, unha sesión na que os contos nacerán no momento, a través das achegas do público e da improvisación. O broche dourado de setembro chegará ás 23.00 horas con O comezo do mundo, de Soledad Felloza, narradora que percorreu o pais escoitando ás mulleres e subindo as súas voces á escena; a través das historias recollidas durante a preparación de exposicións. 

A fin de semana da rúa dos Contos finalizará cun dos pratos fortes deste #FIOT32. O actor, director e mestre do humor xestual Pepe Viyuela chegará ao Mercado municipal de Carballo para presentar Encerrona, un clásico da escena que se representa con grande éxito desde hai 30 anos. E dos bares á rúa, a actividade do FIOT non cesa e queda nela para festexar o circo e as iniciativas para todos os públicos.

É o Teatro de Rúa, que este ano se celebrará na praza do Concello e dará comezo ás 19.30 horas do venres 29 co espectáculo Glamping, de SU.MA. Teatro xestual, música, acrobacias aréreas, danza e swing en clave de clown son os ingredientes principais dun espectáculo que aborda as relacións humanas e que propón facer uso da creatividade para resolver os momentos de máxima tensión. 

O FIOT LOITA CONTRA A INTRANSIXENCIA NA SÚA 32ª EDICIÓN

Cartel-32-FIOT-Carballo 2023

O leitmotiv do FIOT este 2023 será a loita contra a intransixencia. Ese ‘INTRANSIXENTES’ plasmado no cartel do festival -asinado pola ilustradora carballesa Laura Tova- fala da identidade do FIOT, da súa inquietude, transixencia, transformación, xenerosidade, cambio, respecto, afectos, coidados, empatía, tolerancia, diálogo, inclusión e defensa da diversidade persoal e cultural. Un abrazo colectivo protagoniza este cartel do #FIOT32 como mostra de afecto, apoio, felicidade, unidade, colaboración, solidariedade e superación, con xentes diversas en conexión, coidándose e arroupándose nun xesto de respecto e amor.  

O programa desta 32ª edición do FIOT conta un ano máis con todas as liñas habituais que conforman o festival: Programa de Sala, OTNI, Rúa dos Contos, Teatro de Rúa, FIOT en Ruta, Micro-escenas M2, FIOTeen e Fiotiño, ademais de actividades paralelas como exposicións, as gravacións de OndaFIOT, a celebración de xornadas profesionais, etc.

Axenda da Finde

Axenda primeira finde FIOT 2023

Tendes aquí toda a programación e podedes coller as entradas aquí: bit.ly/Fiot32-entradas

NOVAS DO FIOT

Comentarios