Venres. 26.04.2024
El tiempo

O talento galego e estatal da rede xúntanse no Carballo Interplay

Carballo Interplay 2022
Algunhas das visitas do Carballo Interplay
O talento galego e estatal da rede xúntanse no Carballo Interplay

Volve converterse o Carballo Interplay en cita obrigada coa creación dos contidos dixitais máis punteiros e comprometidos. O Festival de Contidos Dixitais decando do estado ofrecerá, do 6 ao 9 de abril, unha coidada selección das voces máis potentes da cultura, o activismo e o humor da Internet estatal, ademais de aunar o talento galego máis activo na rede. Tendes todo o programa en carballointerplay.com.

Serán 16 as webseries de todo o mundo compiten na sección oficial do festival. Países coma Irlanda, Hungría, Canadá, Brasil, ou Países Baixos, ademáis de de Galicia (4 en galego) e do resto de España (outras 4), competirán polos 5.800 euros que hai para os premios. Este ano hai unha gran diversidade entre as series presentadas, que van dende o xénero histórico ata la comedia, pasando pola experimentación formal.

Pero o Interplay é moito máis que un certame, que por certo, tras dúas tardes de proxeccións, vivirá a súa gran gala de entrega de premios o sábado ás 21:00h, antes da pinchada con Berto DJ set. Pero como vén facendo cada ano dende o seu nacemento, daranos unha completa panorámica do que se está cocendo no mundo das series a nivel global.

Este ano o festival galego pon o foco nos proxectos que empregan a rede como unha ferramenta para mellorar o mundo e sobre todo aquelas propostas que apoian a cultura e o activismo e fomentan conversas sobre a saude mental, a igualdade en todos os ámbitos e a xustiza social. Aí estaran reflexionando sobre o tema Nerea Pérez de las Heras, Eugenia Tenenbaum e Ana Polo.
Nesa mesma liña tamén teremos, o sábado 9 ás 19h30, a Elizabeth Duval, a que mande unha “Carta a las chicas del 2000”, no marco do Código Fonte Audiovisual, unha retrospetiva persoal das referencias culturais coas que medra esta escritora.

Entre as actividades, o programa profesional reúne ás principais productoras de podcast estatais e a grabación do programa Petiscos no Derby propicia o encontro entre coñecidos rostros e voces da cultura dixital galega coma Prado Rúa, Esther Estévez, Olaxonmario, Tamara Pazos e Berto.

Tamén haberá encontros con nivel estatal, como a gravación en directo do programa Gen Playz, de RTVE, que terá lugar o xoves 7 de abril ás 20h00 no Mercado de Abastos de Carballo. Gen Playz, que foi premiado como mellor programa de entretemento nos Premios Ondas 2021, emitirá un programa especial dende Carballo, presentado por Inés Hernand.

En clave podcast, o venres 8 ás 20h00 producirase a grabación de Tardeo, de Radio Primavera Sound. Neste programa, un clásico xa do sonoro catalán, a politóloga e xornalista cultural Andrea Gumes reúne a colaboradoras para falar das principais temáticas actuais das novas xeracións.
Non é a única representante de Radio Primavera Sound no festival, xa que ademáis, Marta Salicrú, a súa directora, estará a cargo da Sesión Vermú que se organizará o sábado 9 ás 13h00.

Xusto despois, o mesmo venres 8 ás 22:30, chega o Rajando con… Ana Polo e Asaari Bibang, dúas das principais cómicas do momento, que chegan a Carballo con intención de conquistar ao público co seu habitual humor reivindicativo que non deixará títere con cabeza.

 

Novas do Carballo Interplay

Comentarios