sábado. 09.11.2024
El tiempo

A Valedora do Pobo si analizará os recortes no CEIP Xesús San Luís Romero

Comunidade educativa do CEIP Xose Luis Romero de Carballo
Comunidade educativa do CEIP Xose Luis Romero de Carballo
A Valedora do Pobo si analizará os recortes no CEIP Xesús San Luís Romero

As familias do CEIP Xesús San Luís Romero recibiron hoxe unha notificación que "enche de esperanza a toda a comunidade educativa". A Valedora do Pobo confirmou que solicitou á Consellería información detallada sobre os feitos mencionados na denuncia.

"Este importante paso demostra que as nosas preocupacións e esforzos en defensa da calidade educativa e do benestar dos nosos fillos non pasan desapercibidos", explican, valorando este feito como "unha firme aposta por buscar solucións ás inquedanzas expostas. Valoramos o apoio e a atención que se nos está prestando, e estamos seguros de que esta investigación suporá melloras significativas para a nosa escola e os nosos fillos".

Agradecen a implicación da comunidade escolar e aseguran que seguirán loitando por mellorar as condicións das súas crianzas.

Comentarios