Venres. 29.03.2024
El tiempo

Veciños da Grela denuncian o abandono do campo de fútbol e do pavilllón

Deplorable estado do pavillon da Grela-Carballo
Deplorable estado do pavillón da Grela, en Carballo
Veciños da Grela denuncian o abandono do campo de fútbol e do pavilllón

Foi durante décadas o punto de encontro familiar e deportivo de lugares como o Monte do Carme ou A Grela. No polideportivo da Grela xogábase ao futbito, ao balonmán, ao hockei… No campo de fútbol, tamén municipal, xogou moitas veces o Bergantiños mesmo con equipos da Coruña como o Montañeros, ademais de moitos equipos da comarca.

Pouco a pouco, a creación de novos campos municipais foi facendo que esta zona de Carballo fose quedando esquecida das administracións. Máis grave é a situación tralo incendio acontecido en 2013. Como calquera espazo abandonado, acabou tomado polos malos costumes.

bsh
Estado dos vestiarios do pavillón da Grela

Hoxe en día, o pavillón está nun estado absolutamente deplorable. Tapiadas as portas principais, aínda se pode acceder por uns destrozados vestiarios, o teito cáese a pedazos… Outra cousa é o campo. A presencia durante moitos anos de cabras ou cabalos (aínda hai pallas nos vestarios que se usaban como cuadras non hai moito) permitiu que non se degradase tanto. De non ser pola acción do xabarín aínda daba para un partido…

Os vestiarios do campo da Grela usanse de caudras
Os vestiarios do campo da Grela úsanse para os animais

Perderon así dous dos espazos deportivos e de ocio, que eran os seus mellores lugares de recreo e convivencia. Recordan os días nos que se facían alí churrascadas familiares, cando aproveitaban para irse bañar o río, que tería tamén outra zona para acondicionar como praia fluvial.

Por todo iso, os sempre esquecidos veciños destes lugares propoñen “que se recupere, como mínimo acondicionalo e limpialo, e con tempo invertir algo para devolvelle a vida a este lugar. O espazo é o centro do barrio e darlle un uso axudaría a recuperar toda aquela zona, e comezar a traballar para que a mocidade poida ter un futuro mellor, explican.

Porteria abandonada do Campo de futbol da Grela-Carballo

NOVAS RELACIONADAS

Artigos relacionados

Comentarios