9 praias da Costa da Morte lucirán este verán a Bandeira Azul
Este verán de 2013, 9 praias (estirando a bisbarra ata Caión) da Costa da Morte lucirán Bandeira Azul, sendo unha máis que o ano pasado. Non son moitas tendo en conta que en toda Galicia hai 141 areais con esta catalogación, sendo a comunidade con maior bandeiras de España. Apenas 6 dos 14 concellos con mar da Costa da Morte terán Bandeira. Non terán Bandeira Azul os Concellos de Cabana, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Malpica, Muxía e Ponteceso. Detrás disto pode estar o feito das esixencias que convela esta catalogación.
Asi, este 2013, con respecto ao ano pasado, repiten as de Laxe, Ézaro, San Francisco e as carballesas Saíñas e Pedra do Sal, pero sorprende a desaparición das praias de Carnota como Mar de Lira ou Boca do Río. Os seus lugares os ocupan as praias de Fisterra, que o ano pasado non ondearon Bandeira, e que este verán estrearán na Ribeira e mais na Langosteira, a pesar das críticas por posibles vertidos fecais. Ademais, a Praia de Razo tamén estreará Bandeira.
Concello | Praia con Bandeira Azul 2013 |
Dumbría | Praia do Ézaro |
Fisterra | Praia da Ribeira (Nova bandeira 2013) Praia Langosteira |
Laxe | Praia de Laxe |
Muros | Praia de San Francisco |
Carballo | Praia Saíñas Praia Pedra do Sal Praia de Razo (Nova bandeira 2013) |
Laracha | Praia de Caión |
Novas relacionadas
- O BNG fisterrán denuncia verquidos de fecais na Langosteira.
- Doble bandeira, doble promoción, doble esixencia e máis recortes.
- 2012: 8 praias e un porto deportivo da Costa da Morte lucirán Bandeira Azul este verán.
- 2012: A praia de Laxe, a única praia da Costa da Morte coa Q de Calidade.
- 2011: A única praia con dúas bandeiras.
- 2011: A Costa da Morte recupera, e perde, varias Bandeiras Azuis.
- 2010: A Costa perde dúas e gaña unha Bandeira Azul .
- 2009: Tan só 6 praias da Costa da Morte merecen o recoñecemento da Bandeira Azul .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa da Xunta.