Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte estará nos #MestreMateo14

A Costa da Morte estará nos #MestreMateo14
Costa da Morte nos Mestre Mateo 2014

A gala dos #MestreMateo14 será o 12 de abril no Palexco, A Coruña. E alí teremos varios representantes da Costa da Morte. A Academia do Audiovisual Galego facía públicas onte as candidaturas para os Premios Mestre Mateo 2014, que conta con favoritas como a longametraxe e "Somos xente honrada", finalista en 13 das 26 categorías.

A segunda produción máis nominada ten acento costeiro, pois "Era visto", que quedou finalista en 9 candidaturas, conta coa participación dun dos nosos mellores embaixadores, Federico Pérez Rey. O mazaricán, amante mesmo de saltar aos terreos do fútbol da Costa, está nominado polo seu traballo na serie de TVG á Mellor Interpretación masculina protagonista, galardón polo que loitará con Antonio Durán "Morris", por "Padre Casares"; Federico Pérez, por "Era visto!"; Xulio Abonjo, por "Encallados"; e con outro costeiro en liza, o carnotán Miguel de Lira, que entra como protagonsta de "Somos xente honrada".

Estaremos tamén atentos á participación da xalleira, natural de Santa Comba, Isabel Blanco, que está nominada ao premio de mellor Interpretación feminina protagonista polo papel da monxiña "Inma" en "Todos os Santos".

Ademais, Xosé Touriñán, moi vencellado á nosa bisbarra, tamén está nominado como Mellor Comunicador.

Non podemos esquecer que a "Costa da Morte" de Lois Patiño tamén é candidata como Documental finalista.

Se ben botamos de menos a presencia do malpicán Santi Romay e as súas "Clases de lo social", estaremos atentos a ver se os nosos veciños recollen algún premio.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios