Sábado. 30.05.2020
El tiempo

A Costa da Morte súmase de novo á Limpeza simultánea de Praias

A Costa da Morte súmase de novo á Limpeza simultánea de Praias
Mosaico de botellas de plástico coa "colleita" do ano pasado nunha das praias

Non cabe dúbida que na Costa da Morte somos especialistas en limpeza de praias. Non hai máis que pasar polo Pindo a falar co eterno voluntario, Sven, que artella unha limpeza cada dous por tres. E se ben consideramos que este sería un traballo dos concellos ou da Xunta, non podemos senón valorar o esforzo dos centos de voluntarios que se poñen mans a obra para deixar os areias limpos de plásticos, ou chapapote, como temos demostrado.

Un ano máis é ADEGA a promotora desta II Limpeza simultánea de praias con motivo do día mundial dos océanos, que se desenvolverá ao longo de todo o país o vindeiro sábado 8 de xuño. Na bisbarra, como o ano pasado, hai varios puntos onde se fará esta actividade, destacando a presencia de varios centros de ensino. Xa a comezos do verán pasado foran uns 135 alumnos os que recolleran 500 quilos de lixo dos areais da Costa da Morte. Este ano a cousa vai por aí, e haberá limpezas artelladas polos seguintes colectivos:

  • En Carnota, a mañá do sábado 8 de xuño, organizado por ADEGA-Costa da Morte.
  • En Muxía, a mañá do sábado 8 de xuño, no marco do Programa de Voluntariado, que organiza o Concello de Muxía.
  • En Fisterra, o venres 7 de xuño, organizado polo IES Fin do Camiño.
  • En Laxe, o venres 7 de xuño, organizado polo IES Maximiro Romero de Lema.

Aínda estades a tempo para inscrivirvos nas citas, para axudar a deixar limpas as praias.

Outra Limpeza en Muros en memoria de Suso Pais

Limpeza de praias en Muros como II Memorial Suso Pais

Dentro da programación das Festas do Espiritu Santo 2013, o pasado sábado dia 18 e ca organización conxunta da Asoc. Rumial de Campo das Cortes e o Clube de Actividades Subacuaticas "Os Petóns", tiñan previsto levar a cabo a Xornada de Limpeza de Praias "II Memorial Suso Pais", que por motivos climatoloxicos foi suspendida, tendo previsto realizala este sábado dia 25, sendo o areal escollido nesta ocasión a Praia do Ancoradoiro, polo que colaboran no evento entre outras insitutucións e empresas privadas os concellos de Muros e Carnota.
O punto de encontro será o estacionamento situado detras do parque infantil de Lariño, e una vez rematada a xornada, en torno o mediodia, terá lugar unha homenaxe a Suso Pais, activo colaborador das dúas entidades organizadoras do evento e falecido fai dous anos cando practicaba pesca submarina.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios