Almánimal lanza a súa primeira maqueta para arrasar no verán



Seguimos facendo repaso pola nosa canteira musiqueira da Costa da Morte. Xa temos falado da súa versión máis anticorrupción, pero temos que dar nova conta da banda Almánimal, que vén de grabar a súa primeira maqueta, como non en galego. Un traballo autoproducido polos Sergio Trillo (voz), Andrés Touriñán (batería), Pablo Pérez (guitarra), Samuel Piñeiro (baixo) e Armando Betancourt (teclado).
O grupo, formado por mozos de Cee e Carnota, vén de sacar á luz estes tres temas cos que queren dar conta da súa enerxía para seguir facendo o que máis lles gusta, tocar por aí adiante. Afrontan o verán con ilusión de pechar unha gran axenda de concertos por todo o país.
De Concurso en concurso
Andan tamén metidos en varios certames, pero centran a súa atención no concurso de bandas que organiza Sonidos Mans, un estudio de grabación de A Coruña no que se pode votar por Almánimal para superar a penúltima fase do concurso. O premio sería tocar no festival SonRias Baixas e a posibilidade de grabar un EP nos estudios Mans, toda unha ilusión.

Xa podedes escoitalos no Bandcamp Almánimal, e aquí vos deixamos con este é o Psicanroll de Almánimal:

Novas relacionadas
Máis novas musi-costeiras
- RqR, unha fusión musical muradá entre o bonito e o duro de roer.
- Def con Dos, Soziedad Alkoholika e Reincidentes abren o Castelo Rock 2017.
- Da tradición da Raigañas, ao lírico do Conservatorio e ao pop do Youtube, con Icía Varela.
- Xurxo Trillo: Da #VozKids ao Youtube… e a Disney.
- Despaciño, o novo éxito de Arguzu Vevo.
- Almánimal, rock galego anticorrupción.
- Rosalía en clave de reggae costeiro.
- A Bisicleta, outro hit da factoria #SalaNasmo.
- O mundo da música costeira despide a Alan Louzán.
- Route-552: O R&R da Costa da Morte.
- Aula 11, os anfitrións da festa do Xiria Pop.
- Os Rap-arigos de Corcubión, con Leo KCh.
- O Rock sae da Escola á Rúa en Carballo.
- Serj rende homenaxe ao Rei das Mareas, Modesto Tajes Sánchez.
- Terbutalina publica o seu primeiro disco en vinilo.
- Os xalleiros Gran Soul Band estrean videoclip en ruta.
- Muros bótase á música e ao humor.
- Os Irmandiños xa teñen CD e cómic.
- Terbutalina, Mellor Álbum en galego dos Premios da Música Independiente.
- Aula 11 cruza o telón de grelos a ritmo de garage.
- Coso Carnóbrigo: Folk Metal carnotán para o Festigal.
- AnaKrusa, unha banda ceense na conquista do festival nacional MusicAula 2015.
- O Colectivo Badlaifé dá o salto e xa graba rap en italiano.
- Serj amosou o orgullo costeiro na presentación do seu disco Velaivén.
- Un par de dilleis nas cavernas de Muros.
- Maestro Romero, un par de músicos muradáns con pouca vergoña e moito sentimento.
- Unha BSO roqueira por e para Carballo.
- A banda costeira The Suffering presenta o seu primeiro proxecto musical.
- Serj cántalle á súa Costa da Morte.
- O Colectivo Baidlafé demostra o potencial rapeiro da Costa cun novo videoclip.
- Unha historia de Cráneos e Ósos na DeadCoast.
- A Costa da Morte en clave de rap co carnotán Yeray Vázquez.
- Os Trapos Sucios, gañadores do Rock in Río Tea.
- Nordés Project. Folk-pop ceense no Musicaula 2014.
- Corcubión bailou a ritmo do Rebumbio.
- Leö KCH: “O Rebumbio é bo para todos. A unión fai a forza”.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).