Venres. 19.04.2024
El tiempo

Belén da Crega: "O teatro de rúa será un dos protagonistas do Víndemo Ver de Carnota"

Belén da Crega: "O teatro de rúa será un dos protagonistas do Víndemo Ver de Carnota"
Belen da Crega, concelleira de Cultura en Carnota, fala da tradicion teatral e cultural da vila Belen da Crega, concelleira de Cultura en Carnota, fala da tradicion teatral e cultural da vila Tivemos o pracer de compartir unha conversa amena con Belén da Crega, veterana da mostra Víndemo Ver e concelleira de Cultura e Normalización Lingüística do concello de Carnota. En xaneiro por fin conseguiron encamiñar a Escola Municipal de Teatro que até agora non foi posible, ben por falta de infraestruturas como por outras razóns. E iso que Carnota é unha verdadeira canteira de artistas, véxase a Miguel de Lira, César Cambeiro e moitos outros. Carnota ten unha tradición teatral e cultural moi arraigada, sendo xa “cousa dos nosos avós” diferentes eventos como o entroido de Caldebarcos, O Porquiño de Lariño ou grupos de teatro como O Teatro do Canle, Teatro Pedramar,... Na edición deste ano da Mostra Víndemo Ver, que terá lugar entre o 24 e o 27 de marzo, poderase ver por primeira vez os resultados da Escola Municipal de Teatro, co espectáculo de Teatro de Rúa “O Convite”. Esta iniciativa xa foi encamiñada ó Víndemo Ver e vai traer moitas sorpresas a Carnota e sobre todo moitas risas. ¿Por que razón facer teatro de rúa, e non teatro convencional? “Carnota é moito de vida na rúa, gústalle máis ver movemento na praza e nos exteriores que ir ó teatro. E como Carnota non é de ir ó teatro, o teatro vai a eles, acércase á xente e vaille dar ambiente ó Víndemo Ver", asegura Belén da Crega. Carnota é unha vila que se involucra cos acontecementos sociais, e este ano en Semana Santa, non vai ser diferente. A V Mostra de Feira Local de Carnota vai ser unha mostra interactiva, con obradoiros, con demostracións en vivo, actuacións teatrais e musicais, produtos ecolóxicos e diferentes eventos deportivos como a carreira BTT ou a carreira Vikinga. Belén tamén nos falou de futuros proxectos que ten a Escola Municipal de Teatro, como por exemplo organizar visitas teatralizadas ó Museo Aberto.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios