Carnota pónlle data aos concertos aprazados na Semana Santa
08:10 13/04/16
[fbvideo link="https://www.facebook.com/vindemover/videos/702273909912751/" width="500" height="400" onlyvideo="1"]
Nova data para o Festvail Vindemo Ver de Carnota
O mal tempo obrigou a aprazar as actuacións previstas dentro do programa Víndemo Ver, da pasada Semana Santa. Polo que a organización decidiu que o vindeiro sábado, 23 de abril, "se a climatoloxía non volve a fallar" terán lugar os concertos previstos.
Na praza de San Gregorio, levarase a cabo ás 5 da tarde o concerto do 2º trimestre da Escola Municipal de Música de Carnota, onde haberá desfile de artistas de todo tipo. Dende rapaciños e rapaciñas de 6 anos tocando o piano, saxofón, acordeón, guitarra, gaita,... ata adultos desafiando ao jazz ou ao rock. Cun programa do máis variado, subirán ao escenario máis de 50 alumnos e alumnas nunha tarde chea de música, que será conducida por Andrea Beiro e Ramón Cortizo.
Logo dun descanso para repoñer forzas, a música volta á praza de San Gregorio. A partir das 10 da noite, comezan os concertos rock da man do concello de Carnota e da asociación cultural Gremio de Músicos de Carnota. Pasarán polo palco os grupos locais Animal Soul, Acoustic Alan Proyect e Os Desterrados.
Novas relacionadas
- Carnota ensalzou os seus tesouros locais no Víndemo Ver
- Belén da Crega: “O teatro de rúa será un dos protagonistas do Víndemo Ver de Carnota”.
- Víndemo ver 2015: Os Vikingos e as Bicis tomaron os montes de Carnota por Semana Santa
- Víndemo ver 2014: O Spinning de pesca, a Carreira Viquinga e a BTT encheron de deporte Carnota.
- Víndemo ver 2014: O produto local foi protagonista na Mostra Víndemo Ver de Carnota.
- Víndemo ver 2013: Carnota deixou ver todo o seu potencial artesanal e turístico.
- Víndemo Ver 2012: Un MAR de arte agrícola en Carnota.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Carnota