sábado. 07.06.2025
El tiempo

Carnota tamén prepara o seu Entroido por parroquias

Carnota tamén prepara o seu Entroido por parroquias
Entroido de Carnota 2015 Entroido do Pindo 2015

Chega cargado o Entroido de Carnota, no que as asociacións e as parroquias teñen moito que contar. Por Carnota o día grande será o venres 13. Por Lira, o sábado 14 toca Festa Hortera, mentres por Lariño levaransnos a Marte, e polo Pindo toca desfile sesentero.
O domingo será o día do concurso de disfraces do Pindo, e o sábado 21 toca enterro da sardiña en Lariño.

Venres 13 de febreiro

Na praza de San Gregorio a partir das 16:30 h Festa Infantil con inchables e obradoiros na carpa. Ás 18:30 h comezará o desfile de comparsas e disfraces pola rúa (dende a praza ata as Breas e ata a farmacia da Carrasqueira para volver ao punto de partida). Haberá premios en metálico ás 3 comparsas máis orixinais e divertidas (300 €, 200 € e 100 €) e agasallos aos 10 mellores disfraces individuais e infantís, todo ao son da charanga “Os Tabernícolas do Leiradal”. A partir das 20:00 h, chocolatada e biscoitada para todos, para seguir coa festa nocturna coa música dun dúo e dun D.J. Todo organizado polo Concello e polos veciños e negocios de Carnota.

Sábado 14 de febreiro

Comentarios