Este luns abre o prazo de matriculación da FP Básica Dual en Cociña e Restauración do IES de Muxía

Xa está aquí. Unha das necesidades formativas da comarca, denunciada nos últimos anos pola comunidade educativa e as empresas do sectot hostaleiro, ponse en marcha. Falamos dunha “boa nova para o sector turístico, porque estamos a presenciar os primeiros pasos firmes na demandada profesionalización da hostalería e a restauración”, explican dende o centro.
O vindeiro luns 26 de xuño ábrese o prazo para presentar as solicitudes da FP Básica Dual de Cociña e Restauración que oferta o instituto de Muxía. Ata o día 6 de xullo, os rapaces e rapazas de entre 16 e 20 anos que non teñan o título da ESO poderán optar a unha das prazas.
O modelo Dual comeza xa neste primeiro curso, e supón que o alumnado se formará nas distintas empresas colaboradoras desde marzo, asegurados e cobrando un salario de alomenos 630€/mes.
Os negocios implicados serán O Parador da Costa da Morte, A Casa do Peixe, Son de Mar, A Lonxa D’alvaro e A Furna de Muxía; As Baleas de Muxía e de Cee; O Semáforo de Fisterra; Ínsua de Cee; e Villa de Oro de Camariñas.
Como inscribirse
A solicitude de prazas poderá efecturase a través dunha dobre vía:
MÁIS NOVAS SOBRE O FP NA COMARCA
- Os rapaces e rapazas de 16 a 20 NON ESCOLARIZADOS deberán achegarse á Secretaría do IES Ramón Caamaño e cubrir o impreso da solicitude.
- Os rapaces e rapazas de 15-16 anos ESCOLARIZADOS, deberán cubrir a solicitude na Secretaría do seu propio centro de orixe.
- Xuño 23: O IES de Muxía consegue por fin o FP Dual de Cociña e Restauración.
- Maio 23: Os empresarios do turismo piden ciclos formativos para paliar os problemas para encontrar persoal.
- Xuño 22: As alcaldesas do PSOE piden un ciclo de FP para a comarca.
- Abril 22: A Xunta rexeita FP Dual de Restauración para o IES de Muxía.
- Novembro 21: "O sector de hostalería debería mirar as condicións laborais que ofrecen, porque xente para traballar hai”.
- Novembro 21: O empresariado costeiro únese para conseguir un FP Dual de Restauración no IES de Muxía.