O lirio do Monte Pindo aínda vive


Non deixan de achegar razóns para convertir o Monte Pindo en Parque Natural. Despois das ducias de achádegos patrimoniais, hoxe dende a AMPPN tráennos un descubrimento natural: o lirio de monte ou do Xurés (Iris boisseri Henriq.) existe no Monte Pindo e que polo tanto non está extinta.
Así o afirman tras atopala esta fin de semana durante a visita guiada polo Monte Pindo, no marco das VIII Xornadas de Pesca organizadas pola Confraría de Pescadores da localidade. Concretamente trátase dos socios da AMPPN María Lago Cambeiro, Amadeo Castro Lago, Xiana Castro Lago, Inés e Pedro Vázquez Santos e Cristian Ronquete, que foron os que deron cos exemplares avistados, identificárona coa especie en perigo de extinción que levaban dous anos buscando.
Foi Javier Amigo, profesor de botánica da USC o que catalogou esta especie no Monte Pindo, malia que levaba máis de media década sen poder constatar a súa presenza. Presenza, iso si, de auténtica supervivencia, con apenas un par de colonias no Xurés, nos Ancares e agora na Costa da Morte.
Outras especies endémicas e protexidas

Dase a circunstancia de que este lirio apareceu xunta outra das especies escasas que hai no monte, a Centaurea corcubionensis, un fermoso endemismo desta zona da costa cuxa supervivencia se da por garantida polo bo número de exemplares presentes no Monte Pindo.
Ademais, durante a fin de semana tamén viron outra especie protexida, a Davallia canariensis, un fento moi escaso denominado tamén cabriña ou fento do carballo. Foi Alfredo López o descubridor neste caso.
Novas relacionadas
- Aires místicos do Olimpo Celta dende 1908.
- O Medallón das Sete Pitas do Monte Pindo, un regalo singular.
- Carnota repetirá viaxe de Castros a Castelos tralo rotundo éxito das Xornadas.
- Monte Pindo: con vida dende a época romana.
- Unha moeda de Alfonso X achada no Monte Pindo.
- Recuperando a historia da Ermida do Monte Pindo.
- Atopan restos dunha ermida milenaria no Monte Pindo.
- Que fai unha pedra de “lapislázuli” no Monte Pindo?.
- Un gran castelo chamado Monte Pindo.
- Descobren un terceiro castelo no Monte Pindo formando unha gran fortaleza amurallada.
- Primeira etapa da Torre dos Mouros, un proxecto do pobo.
- O Pindo prepárase para unha semana para diversificar de mar.
- O V Encontro Monte Pindo faranos disfrutar do sendeirismo, historia e gastronomía.
- Programa de actividades para o Verán en Carnota.