Martes. 15.10.2024
El tiempo

Pallas ao monte

Pallas ao monte
Comezaron os traballos para guindar palla dende helicoprteros polo Monte Pindo-Foto no Miradoir de Louredo-Milucho Louro

Xa comezaron os traballos da Xunta para intentar evitar as escorrentías no Monte Pindo. Unhas escorrentías que poden facer chegar as cinzas, coa contaminación consecuente, ata zonas marisqueiras como a Berberecheira de Caldebarcos.

A técnica chámase "air-mulching", e os traballos consisten basicamente en guindar pallas sobre o monte dende helicópteros. Así, como soa. Durante estes luns, martes e mércores, a Xunta está guindando 3,5 toneladas de palla de trigo (14 pacas de 250 quilos) sobre unhas 40 hectáreas de superficie queimada do Monte Pindo, "para axudar a cicatrizar as feridas do lume". Como vemos na imaxe, tomaron o Mirador de Louredo como base de operacións.

A idea é que a palla sirva de cuberta para o solo, evitando así o deterioro ante o golpeteo da chuvia, que provoca disgregacións no terreo, e ademais, aseguran que mellora a infiltración da terra, retendo máis auga no monte para evitar que filtre demasiada auga.

Ante as dúbidas que xenera esta nova práctica, dende a Xunta e a televisión pública galega, non paran de reiterar que se trata dunha técnica "pioneira" e "de probada eficacia contra a erosión do chan".
Preguntamos a especialistas como o enxeñeiro forestal e xefe de brigada Jorge Pérez, e nos conta o seguinte: "Esta técnica (O air-mulching, orixinaría nos Estados Unidos, onde todo e ó grande) ten dous defectos: o altísimo custe, debido ó gasto dos helicopteros; e que precisa de apoido de efectivos en terra co cal só se pode usar en lugares accesibles. Isto non soluciona o principal problema do Monte Pindo no que as maiores pendentes estan en zonas innacesibles. Sen embargo, se esta técnica esta avalada pola escola forestal de Lourizán (moi prestixosa e con bos docentes) e por diversos estudios debemos concederlle o beneficio da dúvida. A primavera nos dirá!

Aquí vos deixamos un exemplo desto mesmo, e dos traballos realizados:

Novas sobre incendios

Fonte

Comentarios