Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O Premio Abdoulaye ao Fútbol Base vai para as Escolas de Fútbol Concello de Carnota

A familia das EFConcello de Carnota en Fontenla coa Copa da Costa F8
A familia das EFConcello de Carnota en Fontenla coa Copa da Costa F8
O Premio Abdoulaye ao Fútbol Base vai para as Escolas de Fútbol Concello de Carnota

O Sofán levou este premio o ano pasado. Xa teñen levado premios ao traballo co fútbol base clubs como o Dumbría CF (en varias ocasións), o Cabana SD (2019), o Outes CF (2016), o U.C. Cee (2015), os ED Miúdos (2014), ou iniciativas como as Seleccións da Costa de base (2018); as escolas municipais de Malpica e Zas (2017), ou ese pioneiro equipo prebenxamín das rapazas do U.C Cee (2022).

E o Premio Abdoulaye ao Fútbol Base 23/24, que volve lembrar o rapaz senegalés falecido en 2016 sobre o céspede de Arliña, que se vai entregar na IX Gala do Fútbol da Costa-QPC vai cara Carnota.

algunhas das estrellas da EF Concello de Carnota
Algunhas das estrellas da EF Concello de Carnota

O proxecto das Escolas de Fútbol Concello de Carnota está a ser un gran exemplo para o resto da comarca, tanto en forma de traballar como en crecemento, así como o fomento da inclusión a través do deporte.
Cómpre, en calquera caso, nomear tamén o traballo do Club Deportivo Concello de Zas ou das Escolas Juan Cabrejo Concello de Camariñas, que dan conta desa vía municipal que fai medrar a canteira nas nosas vilas.

Son 7 equipos os que contan as E.F.C. Carnota nesta temporada (1 biberón, 1 prebenxamín, 1 benxamín, 2 alevíns, 1 infantil e 1 cadete), se ben o ano que vén a súa intención é facer tamén equipo Xuvenil, dando saída a toda esa rapazada que se vai formando nas escolas.

Boa conta da súa progresión, do seu crececemento, son os datos de fichas: fai 6 anos apenas tiñan 40 nen@s e agora hai case 100.

O máis importante é o traballo formativo, da man de Fernando García, o coordinador multitarefa, ademais adestrador do Benxamín e dous alevíns (ten a axuda de Marco), e do resto de formadores de primeiro nivel: Saúl Senande é o adestrador de Biberón, Marcos Domínguez, ademais de adestrar a todo un Mazaricosd CF Sénior, é o míster dos Prebenxamíns; Bibi, mítico xa adestrador costeiro, estes anos en Louro, é o adestrador Infantil, e o tamén muradán Mane adestra ao equipo Cadete.

Mención aparte merece a escola de Tecnificación ou o Campus, que xa convocou a edición deste 2024 para a primeira quincena de xullo.

En clave de resultados, este ano quedaron campións da Liga da Costa en Alevíns e da Copa da Costa en Benxamíns, estando clasificadas entre os 8 primeiros nas fases finais das 3 categorías da competición copeira.

A familia das EFConcello de Carnota en Fontenla coa Copa da Costa F8 1

efc carnota
Ademais, tamén participan nas Ligas Comarcais de Fútbol Sala de Barbanza, quedando campións en Benxamíns, Alevíns e Infantís (onde caeron ante o Vimianzo).

O club segue medrando tamén en canto á participación en torneos. O ano pasado foron a Xixón cun dos equipos alevíns, e este ano toca participar no Torneo Internacional en Braga, ademais de seren invitados á Celeste Cup de Vilalonga, para competir con equipos como o Getafe, Porto FC, Real Valladolid, Real Oviedo…

Máis novas

Comentarios