O Cee Prebenxamín, Premio Abdoulaye ao Fútbol Base na Gala do Fútbol da Costa

A revolución do #FutFem na Costa da Morte lévase anos cocendo a lume lento. Aqueles pioneiros proxectos do Bergan e das Miúdas, tan valiosas por ser as que romperon o xeo, chegando a formar parte do álbum de cromos sénior daquela campaña 2018/2019. E co remate da pandemia, demos un salto tremendo, coa aparición do Mazaricos, Cerqueda, Xallas… ou a fantástica proposta da Escola de Fútbol Base Feminino do CF Dumbría.
Pero nesta VII Gala do Fútbol da Costa - QPC queremos destacar un feito histórico, que fala ás claras de que a revolución do #FUTFEM chegou para quedar. Un fito que ademais implica a súa naturalización, implica a convivencia total entre nenos e nenas sobre un campo de fútbol.
Falamos do equipo de Prebenxamíns do Unión Club Cee, un equipo composto unicamente por nenas que compite nunha liga maioritariamente de nenos. por Marina Andrade, Vega Cives, Lucía Rodríguez, Martina Allo, Yarelis Picallo, Itziar Trillo, Alicia Ruano, Emma López, Clara Louzán, Nadia Louzán, Paula Louzán e Sofía Calo.
Ás ordes de Rubén non paran de aprender e disfrutar deste deporte, sorteando algún que outro comentario cavernícola, pero sobre todo, demostrando que é posible vivir en completa igualdade.
Parabéns por ese V Premio Abdoulaye ao Fútbol Base, facendo valer a lembranza daquel rapaz muxián que nos deixou prematuramente sobre un campo de fútbol.
Gala 2022
- A lista de nominad@s para a VII Gala do Fútbol da Costa-QPC 2021/2022.
- Marcos Ordóñez: Unha merecida homenaxe para Milucho e Jesús.
- Xosé Manuel Varela: Milucho, memoria imprescindible da vila oleira de Buño.
- 2022: Bruno Méndez, David Cancela e Chris Sendón, finalistas ao Premio Lucas Vicente Vidal da Gala QPC.
- 2022: César, Marta e Rubén, nominados ao Delegado do Ano na Gala do Fútbol da Costa.
- 2022: Diego, MJ e Andrea, @s Álex Pombo do Fútbol da Costa.
- 2022: Alejo, César e Lucía Canosa, @s pichichis que recibirán un Balón de Buño na Gala do Fútbol da Costa-QPC.
- 2022: O Premio do Árbitro do Ano da Gala do Fútbol da Costa QPC levará o nome de Lucas Vicente Vidal.
- 2022: Volve a Gala do Fútbol da Costa - QPC con 40 premios.
Repaso das Galas
- Gala 2019: O Fútbol da Costa pechou o curso 18/19 na VI Gala QPC.
- Gala 2018: A Gala QPC puxo en Santa Comba o emocionante broche de ouro á temporada do Fútbol da Costa.
- Gala 2017: A emoción, protagonista da Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2016: Unha Gala para seguir unindo o Fútbol da Costa.
- Gala 2015: O Outes, Iago, e Álex Pombo foron os protagonistas da II Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2014: QPC entregou os premios do Fútbol da Costa 2013-2014.
- 2013: Presentación do Álbum: A noite das estrellas do Fútbol da Costa.