Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha de Salvadores dende Carnota

Unha de Salvadores dende Carnota

Non todo son historias malas en Salvacadelos,que as hai... e máis das que nos gustaría contar. Pero tamén temos tempo para darlle protagonismo a todos eses heroes que acollen cachorriños indefensos, que escollen adoptar seres que mercar razas, que fan que centos de animais non queden sen un fogar.

Hoxe imos ata Carnota, onde hai un tempo, algún desalmado deixaba unha fermosa camada de cachorrines abandonados nos montes da zona. Sorte que un veciño deu con eles e os puidemos coidar na Clínica Veterinaria Argos de Cee, ao tempo que publicabamos as súas fotos en Salvacadelos.

A día de hoxe, e tras menos de un mes, xa están todos os cachorrines regalados, gracias á rede. Esta parella, Soraya e Juan M., son uns dos Salvadores, e aí os vemos, máis contentos que nunca, coa súa pequena Nana.

Máis información de Salvacadelos

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Historias Bonitas de Salvacadelos

Fonte

Comentarios