Xoves. 22.04.2021
El tiempo

#8M: Cee e Carnota volveron berrar o “Sen coidados non hai vida”

8m Buserana cee 2021
Concentración convocada por Buserana en Cee polo 8M
#8M: Cee e Carnota volveron berrar o “Sen coidados non hai vida”
Tralas concentracións celebradas en Cee e Carballo pola mañá convocadas pola CIG, a tarde puña o foco en Cee e máis en Carnota. A Asociación Feminista Buserana e a Asociación Sonlilá si convocaban concentracións nas vilas costeiras.

Unhas xornadas que serven para lembrar o empeoramento da igualdade no agro, a discriminación extra que sofren as mulleres con adiccións do ruralou a tripla discriminación das mulleres con discapacidade do rural.

Pero tamén serven para visibilizar a precariedade laboral, o teito de cristal, a fenda salarial, ou a falta de igualdade no reparto dos coidados unida á falta de recoñecemento.

8M en Cee

Así deron conta as mulleres da Organización Buserana durante a lectura do manifesto das Galegas8M : “Este ano 2021 consideramos que é necesario voltar pór o foco de atención no eixo no que atopamos máis dificultades para levar a cabo a folga, pero máis afectado na situación actual: os coidados. Porque o lema “SEN COIDADOS NON HAI VIDA” revelouse como irrefutábel”.

Moitas das participantes puideron facer folga “para concienciar da importancia de todos eses traballos invisíbeis que permiten a reprodución e o mantemento da vida, de todas esas tarefas ás que non lles damos importancia e sen as cales a nosa existencia, tal e como a coñecemos, non sería posíbel”, explicaron.
Tamén afondaron na idea sobre a afondaron as concentración matutinas da CIG: "Porque somos esenciais, estamos precarizadas e moi fartas!!!"

Máis festiva foi a celebración de Sonlilá en Carnota, “cantando, bailando e reivindicando”. Sempre ca idea de fondo de que “soa son invisible, unidas invencibles”.

8M en carnota con Sonlila

Artigos relacionados

Novas sobre o 8M

Crónicas do 8M de 2020

comentarios