#8M: Cee e Carnota volveron berrar o “Sen coidados non hai vida”
Unhas xornadas que serven para lembrar o empeoramento da igualdade no agro, a discriminación extra que sofren as mulleres con adiccións do ruralou a tripla discriminación das mulleres con discapacidade do rural.
Pero tamén serven para visibilizar a precariedade laboral, o teito de cristal, a fenda salarial, ou a falta de igualdade no reparto dos coidados unida á falta de recoñecemento.
Así deron conta as mulleres da Organización Buserana durante a lectura do manifesto das Galegas8M : “Este ano 2021 consideramos que é necesario voltar pór o foco de atención no eixo no que atopamos máis dificultades para levar a cabo a folga, pero máis afectado na situación actual: os coidados. Porque o lema “SEN COIDADOS NON HAI VIDA” revelouse como irrefutábel”.
Moitas das participantes puideron facer folga “para concienciar da importancia de todos eses traballos invisíbeis que permiten a reprodución e o mantemento da vida, de todas esas tarefas ás que non lles damos importancia e sen as cales a nosa existencia, tal e como a coñecemos, non sería posíbel”, explicaron.
Tamén afondaron na idea sobre a afondaron as concentración matutinas da CIG: "Porque somos esenciais, estamos precarizadas e moi fartas!!!"
Máis festiva foi a celebración de Sonlilá en Carnota, “cantando, bailando e reivindicando”. Sempre ca idea de fondo de que “soa son invisible, unidas invencibles”.
Artigos relacionados
Novas sobre o 8M
- #8M: “Esenciais e precarias”, o sentir das mobilizacións da CIG en Cee e Carballo.
- #8M: O “indignante” empeoramento da igualdade no agro.
- #8M: A discriminación extra que sobre as mulleres con adiccións do rural.
- #8M: A tripla discriminación das mulleres con discapacidade do rural.
- #8M: As Zoquiñas Vermellas volveron saír á rúa en clave de artesanía e denuncia.
- Vimianzo vístese de #8M.
- A Galería Mulleres de Muxía cumple 11 anos lembrando a Elena Colmeiro.
- “Mulleres invisibles, mulleres desconfinadas”, o artigo de Paula Castro gañador do IV Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey.
Crónicas do 8M de 2020
- Marzo 2020: #8M: O Feminismo baixou a pé de rúa en Carballo.
- Marzo 2020: #8M: Cee acolleu unha combativa e festexeira manifestación comarcal.
- Unha cadea humana de mulleres para encher a praia de Carnota de sororidade.
- #8M: As Curandeiras, e máis de 200 mulleres, batiron os tambores contra o patriarcado en Vimianzo.