Sábado. 04.04.2020
El tiempo

A Costa da Morte apoia á Flota da Liberdade cunha concentración en Cee

A Costa da Morte apoia á Flota da Liberdade cunha concentración en Cee

O San Pedro de Cee celébrase solidariamente. I é que este mércores día 29 de xuño, ás 20.30 na Praza 8 de marzo, de Cee, celebrarase unha concentración en apoio á Frota da Liberdade Rumbo a Gaza. Se ben na Costa xa tivemos a nosa particular frota, xa partíu cara a Franxa de Gaza a Frota da Liberdade con 5.000 toneladas de axuda humanitaria valorada en 600.000 euros.

Pero o bloqueo israelí pode facer que esa axuda se perda no camiño e que os máis de 500 tripulantes, cooperantes e xornalistas de máis de 20 países, poidan estar en perigo. Este xoves ou venres entra en augas internacionais e a sociedade civil quere amosar o seu apoio dende ducias de cidades do país e esixir ao goberno español que vai defendela.

A Frota está composta por 14 barcos nos que os nosos compatriotas irán na embarcación Guernika. O goberno español "non só non garante a seguridade das corenta e cinco persoas que viaxan no Gernika, senón que fixo un chamamento desalentando a saída do barco".

Por iso, dende o Comité COSAL Costa da Morte queren facer unha concentración para esixir ao goberno español que garanta a integridade e os dereitos [email protected] activistas que viaxan no Guernika en representación de todas e todos nós.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

comentarios