A Costa da Morte apoia á Flota da Liberdade cunha concentración en Cee


O San Pedro de Cee celébrase solidariamente. I é que este mércores día 29 de xuño, ás 20.30 na Praza 8 de marzo, de Cee, celebrarase unha concentración en apoio á Frota da Liberdade Rumbo a Gaza. Se ben na Costa xa tivemos a nosa particular frota, xa partíu cara a Franxa de Gaza a Frota da Liberdade con 5.000 toneladas de axuda humanitaria valorada en 600.000 euros.
Pero o bloqueo israelí pode facer que esa axuda se perda no camiño e que os máis de 500 tripulantes, cooperantes e xornalistas de máis de 20 países, poidan estar en perigo. Este xoves ou venres entra en augas internacionais e a sociedade civil quere amosar o seu apoio dende ducias de cidades do país e esixir ao goberno español que vai defendela.
A Frota está composta por 14 barcos nos que os nosos compatriotas irán na embarcación Guernika. O goberno español "non só non garante a seguridade das corenta e cinco persoas que viaxan no Gernika, senón que fixo un chamamento desalentando a saída do barco".
Por iso, dende o Comité COSAL Costa da Morte queren facer unha concentración para esixir ao goberno español que garanta a integridade e os dereitos d@s activistas que viaxan no Guernika en representación de todas e todos nós.
Novas relacionadas
- O mar da Costa da Morte solidarizouse con Palestina.
- A Costa tamén marcha Rumbo a Gaza.
- Os colexios da zona envían material Rumbo a Gaza.
- A Costa da Morte boicotea Israel.
- La Terraza do Hórreo repasou a situación en Israel con Alberto Pradilla.
- Os centros educativos da zona tamén participan na campaña Rumbo a Gaza.
- COSAL e Buserana achegan o conflito de Gaza á Costa da Morte.
- Cee solidarizouse con Palestina a base de gargalladas.
- Entrevista con Mohamed Safa: “Os palestinos non falamos dun problema ideolóxico, senón de ocupación”.
Máis novas
- Cee cambia o rumbo da economía mundial.
- COSAL condena o agravamento da situación no Sáhara.
- Este verán, acolle un neno saharahoui.
- Charla con COSAL sobre a emigración: Todos somos emigrantes.
- Un crucero ao solpor de Fisterra.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).