Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O alumnado da ESO despídese dunha vida enteira no Manuela Rial

Graduacion ESO Manuela Rial 1
Fotos de JParri
O alumnado da ESO despídese dunha vida enteira no Manuela Rial

Se a semana pasada os que se graduaban eran os de Infantil, este mércores tocoulle aos da ESO da Escola Plurilingüe Manuela Rial Mouzo. O Salón de Actos do centro acollía o Acto de Graduación para o alumnado de 4º ESO, recentemente chegado da súa Viaxe de fin de curso polo Mediterráneo.
Acompañados das súas familias acudiron por última vez ao Centro para despedir o instituto Obrigatorio e, en moitos casos, do centro onde realizaron toda a súa vida escolar, dende que chegaron a el con 3 anos.

Discursos, bandas de graduación, diplomas, vídeos...nun acto cheo de emoción que serviu para desexarlle moita sorte a quen comece unha nova etapa formativa o vindeiro ano lonxe das aulas Manuela Rial.

Graduacion ESO Manuela Rial 2

Graduacion ESO Manuela Rial 3

Comentarios