Ameixenda conta as horas para a Semana Cultural e as Festas do Apóstolo
A renovada SDCR Fumes do Cal así como a Comisión de Festas de Ameixenda, teñen xa todo listo para a ambiciosa Semana Cultural e as Festas do Apóstolo.
As Festas do Apóstolo de Ameixenda concéntranse nas xornadas do luns 24, martes 25 e mércores 26 de xullo, pero as actividades culturais xa arrincan o venres 21 de xullo cunha presentación comentada na Casa da Cultura dos documentais O Camiño Prehistórico á fin do mundo”, e Banle, territorio esquecido. Ademais, inaugurarase a exposición de fotos de natureza, con presenza do descubridor vimiancés David Roget e o naturalista Francisco Santiago López.
Para o sábado 22 de xullo, ás 10:00h, realizarán un roteiro arqueolóxico natural da man dos mesmos Roget e Santiago, pasando polos muiños e achegándose a estes puntos tan interesantes.
esta actividade complementarase o 19 de agosto (ás 23:00) propoñen a subida nocturna para contemplar os petróglifos e a observación do noso ceo, guiados polos profesionais do Colectivo A Rula.
Entre os actos xa das festas do Apóstolo, ademais das misas, sesións vermús e verbenas obrigadas, atopamos uns partidos de fútbol para o 25 ás 19:30h entre Lamas e Igrexa e Veteranas vs Jovenzuelas no campo da Escola.
A lea non rematará, e aínda o día 28 haberá, a partir das 11:00h, campionato de xogos populares no campo da escola. O día 29, sardiñada popular e o 30, ás 21:00h na Casa da Cultura, concerto de habaneras e as gaitas locais.
Novas relacionadas
- Ameixenda descobre os segredos que unen a braña de Banle co Monte Facho e o Pico Sacro.
- A nova directiva de Fumes do Cal: "Queremos seguir facendo parroquia”.
- Ameixenda ten o seu documental.
- A veciñanza de Ameixenda descobre a flora e fauna de Banle cun Bioblitz
- Vitor do Canteiro: Vento de futuro
- Vítor do Canteiro: Os Señores do vento.
- Francisco Santiago López: Maladanza e progreso.
- P.E. Sembra: Os eólicos poñen sombra sobre a paisaxe e o Camiño de Cee, Dumbría e Fisterra.