A ANPA de Carnota únese á folga
- Estér Vázquez Blanco: Tocan tempos de repensar o deteito á educación

Trala valente folga de 7 días lectivos protagonizada polas familias do Pindo, onte coñecíamos que este venres serán as familias de Cee as que toman o relevo imitando esta cría medida de presión.
Non estarán sonas, xa que a ANPA do CEIP de Carnota vén de secundar a folga convocada pola ANPA Uxío e tampouco enviarán as súas crianzas ao cole, en ambos casos co apoio da Federación de Anpas da Costa da Morte.
A ANPA de Carnota lembra que a día de hoxe o centro só conta cun docente de garda por sesión lectuva, e que fai falta un profesor de Educacón Infantil que por lei lle corresponde ao centro, obrigando a que outros mestres realicen esa función, e evitando poder nin desdobres nin reforzo educativo.
Por todo isto, as familias intentarñan solventar os problemas da conciliación e deixarán ás crianzas na casa.