#OPERACIÓNORQUESTA
A Audiencia Provincial suspende o xuízo da Operación Orquesta ata que analice a petición de nulidade da defensa
A defensa basea a petición de nulidade da suposta ilegada das escoitas.
- Marzo 19: Que pide a Fiscalía na Operación Orquesta?.
Arrincou o xuízo da Operación Orquesta. E pode que 8 anos de proceso xudicial queden finiqutados en apenas 3 horas de vista. A Audiencia Provincial da Coruña, recibía aos 6 acusados da separata que afecta ao Concello de Cee, e a xuíza determinaba a suspensión do xuízo ata que se resolva a petición de nulidade que argumentaron os avogados defensores e que agora debullamos.
Quedamos agora á espera dunha nova comparecencia que terá que convocar a Audiencia, pero a sensación da defensa é positiva, mesmo facendo apostas a que causa caería nesta mesma vista. A suposta ilegalidade das escoitas podería así supoñer o freo a unha investigación que leva 8 anos en marcha.
Argumentos da Defensa
Os avogados defensores de Ramón Vigo, Jorge López e os Ogando basearon a súa argumentación na petición de nulidade das escoitas. Lembraron que as escoitas parten dunha causa anterior a Jorge López Lago por un posible delito de narcotráfico (fora condenado en 2003), da que non se especifica ningún informe na instrución, entendendo ademais que devandito “pinchazo telefónico” vulnerou os dereitos dos acusados e non chegou a ser aprobado na nova operación. Alertan ademais que hai unha dubidosa dualidade nas escoitas entre os organismos UDEF (o que levou a Orquesta) e UDICO (o que levaba asuntos de narcotráfico).
Pola súa banda, o avogado de Leis Caruncho argumentou que “a documentacion é falsa”, deixando patente que as súas escoitas foron aprobadas por un suposto delito de suborno e tráfico de influencias mentres agora está sentado no banco dos acusados por un suposto delito de prevaricación.
Sinalou ademais que non é técnico municipal, como sinalana causa (era un arquitecto externo que simplemente gañou o concurso da construción das CCC) e que nunca formou parte de ningunha mesa de contratación.
Pola súa parte, o avogado de Candiño, reiterou unha nulidade do xuízo que xa pedira pola vulneración de dereitos fundamentais ao basear as escoitas en “meras conxeturas”. Foi un dos que máis incidiu na falta de inclusión do auto do que partiu a Operación Orquesta (o auto que estudaba a Jorge López Lago), e sinalou que foi un erro da Fiscalía non o ter pedido para incluílo no proceso.
Criticou a separación de pezas e sinalou que a documentación que atinxe ao caso que afecta ao concelleiro (a obra do céspede artificial do campo de fútbol) si que se perdeu na inundación.
A Fiscalía
A Fiscal quixo deixar claro que a documentación segur existindo, aínda que nunha situación “insalubre” pero que ademais foi fotocopiada, e sinalou que se poderá chamar aos Policías que tramitaron esa documentación. “Imos dubidar da actuación policial?”, preguntouse.
Sobre as escoitas, a Fiscalía coincidiu en que se son consideradas nulas (cousa que non comparte pois considera que son perfectamente legais segundo o procedemento do xuíz instrutor, que escoitou que había outro posible delito e a partir de aí foi ampliándoas) habería que proceder á nulidade de todo o xuízo. Agás a causa que corresponde ao concelleiro Juan Bautista Areas, pois o seu case baséase en dúas confesions xudiciais.
Ao remate das Dilixencias previas, a Xuíza determinou un receso dunha hora para deliberar sobre a nulidade do xuízo.
Suspensión do xuízo
A xuíza determinada despois dunha hora longa e tensa ás portas sala, que quedaba suspendido o xuízo ata que analicen a petición de nulidade do procedemento.
Ás portas da Audiencia, os avogados non sabían facer unha valoración temporal do que pode supoñer esta pausa. “Pode ser mañá”, deixaba caer o avogado de Candiño, “pero pode tardar semanas”.
Repaso completo á Operación Orquesta
- Marzo 19: Que pide a Fiscalía na Operación Orquesta?.
- Febreiro 19: Marzo, o mes da Operación Orquesta.
- Setembro 18: As Eleccións Municipais de Cee estarán marcadas polo xuízo oral da Operación Orquesta.
- Abril 18: A Operación Orquesta queda sen músicos.
- Xaneiro 18: Sete anos a voltas coa “Orquestra”.
- Decembro 16: Operación Orquesta: Aberto o xuízo oral para 6 dos acusados ceeses.
- Un repaso, de primeira man, aos 18 anos de historia e 3 millóns de € da CCC.
- 2013: Quen é quen na Operación Orquesta: Cee.
- 2012: Entrevista a Ramón Vigo (II): “O sumario da Operación Orquesta é infumable”.
- Maio 2011: Quen alimenta a Caixa B?.
- 31-01-11: Varios detidos, entre eles 3 alcaldes, na “Operación Orquesta” por corrupción urbanística.
Repaso ao sumario da Operación Orquesta
- VII: Falseando a Casa da Cultura.
- VI: As adxudicacións de Neria.
- V: De como se xustifican subvencións públicas con cartos da caixa B, sen factura de transferencia e cunha firma persoal.
- IV: De verbena no Parlamento.
- III: 3 novos imputados.
- II: Aumentan os salpicados.
- I: Un repaso ás primeiras conversas do sumario da Operación Orquesta.