Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Audiencia Provincial declara a nulidade das escoitas telefónicas da Operación Orquesta

O caso queda practicamente finiquitado pola doctrina do froito da árbore envelenada, quedando pendente a causa sobre Candiño 
 

Imaxe do xuizo da Operacion Orquesta
Imaxe do xuízo da Operacion Orquesta
A Audiencia Provincial declara a nulidade das escoitas telefónicas da Operación Orquesta

A Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña vén de finiquitar o proceso da Operación Orquesta. A Sala trasladou aos 6 encausados o auto de nulidade, por violación de dereitos fundamentais, das intervencións telefónicas que serviron de fundamento para comezar a operación. Unha nulidade que pediron os avogados defensores durante a primeira sesión do xuízo oral celebrado o pasado martes, trala cal o tribunal procedeu á suspensión da vista.

A nulidade das intervencións provoca, no marco da doctrina do froito da árbore envelenada, que todas a consecuecias derivadas das escoitas non poidan ser utilizadas no xuízo. A xuíza argumenta que non hai unha aparente penalidade para establecer as escoitas e ditamina que non cabe recurso ante decisión é só cabe impuganción ante un tribunal superior.

A Xuíza argumenta a nulidade das escoitas porque non se puido comprobar a lexitimidade da obtención das escoitas previas a este causa, a de Jorge López Lago, porque a Fiscalía non incluiu a documentación necesaria nesta instrución. É dicir, falta un papel.

Xuridicamente a Audiencia explica no auto que cando as intervencións telefónicas acordadas nun procedemento derivan das practicadas noutro procedemento distinto, como sucede neste caso, pode “xurdir a necesidade de analizar a validez das intervencións do primeiro procedemento para decidir sobre a validez das practicadas no segundo”. Esta circunstancia, segundo o tribunal, “obrigaría a incorporar ao segundo procedemento a totalidade dos autos de intervención telefónica ditados no primeiro, así como a totalidade dos oficios policiais nos que se apoian, posibilitando desta forma o seu estudo e análise”.

A Audiencia tamén declarou nulos, por conexión de antixuridicidade, todos os rexistros domiciliarios practicados.

Fallan as escoitas, falla o proceso

En todo caso, a realidade é que a propia Fiscal recoñecía que se as escoitas son declaradas nulas, haberá que declarar nulo todo o xuízo, polo que parece a sentencia final que exonera aos encausados.

En todo caso, o auto non arquiva a causa. A Sala terá que continuar co procedemento e volver a citar a todas as partes, e aí o normal será que a a Fiscal retire as acusacións e o tribunal declare nulo o proceso.

Quedará pendente a causa de Candiño, baseado en dúas confesións xudiciais, e non das escoitas. Sobre pende unha petición por suborno de 1 ano e 6 meses de prisión e inhabilitación, despois de recoñecer ter recibido 12.000€ dos Ogando, que tamén quedan pendentes.

As escoitas, non valen pero están

Parece algo estrano comprobar que nun par de horas de vista, e cunha simple petición de nulidade, vaian ao limbo 8 anos de investigación xudicial. Investigación que pasou por varios xulgados, pola que pasaron varios xuíces, varios fiscais, e innumerables horas de traballo.

Queda en entredito o avogado Andrés lago Louro, xuíz decano dos Xulgados de Santiago, que levou, entre outras, causas como as do Alvia, que foi o que si viu indicios graves de delincuencia para levar adiante as escoitas.

Escoitas que quedan aí, e que podedes ler transcritas, porque que non sexan válidas nun xuízo, non quere dicir que non existiran.

As ESCOITAS da Operación Orquesta

Repaso completo á Operación Orquesta

Comentarios