Luns. 07.10.2024
El tiempo

A Audiencia Provincial retoma a Operación Orquesta, probablemente para sentenciala

Imaxe do Xuizo da Operacion Orquesta
Os 6 acusados da Operación Orquesta no xuizo terán que volver a sentarse na Audiencia Provincial
A Audiencia Provincial retoma a Operación Orquesta, probablemente para sentenciala

Estes martes 26, mércores 27 e xoves 28, retómase o xuízo da Operación Orquesta. Os 6 acusados da separata de Cee volven estar citados na Audiencia Provincial da Coruña polos delitos de falsedade en documento oficial, prevaricación, suborno e execcións ilegais. Pero semella que, trala declaración de nulidade das escoitas, todo, ou boa parte do proceso pode ser botado abaixo, como a mesma Fiscal recoñecía.

Unha declaración de nulidade baseada na falta dun simple papel que a Fiscalía non soubo presentar. Nesta instrución falta o auto dunha instrución anterior que daba por válidas as escoitas a Jorge Lago Louro, o punto de partida de todo este proceso. Como falta ese papel nesta instrución (que non significa que non exista) o resto das escoitas (que están aínda que non valgan) pasan a ser declaradas nulas.

Queda pendente ver que pasa a causa de Candiño, pois o seu caso non se basea nas escoitas como os outros procesos, se non que dúas confesións xudiciais, nas que recoñecía ter recibido 12.000€ dos Ogando. Piden sobre el 1 ano e 6 meses de prisión e inhabilitación.

Pode caer así en apenas un par de horas de vista un procedemento xudicial de 8 anos, polo que a Fiscalía pide un máximo de 20 anos de cárcere ao alcalde de Cee.

As ESCOITAS da Operación Orquesta

Repaso completo á Operación Orquesta

Comentarios