Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Comité de XEAL: "O que chaman Plan de Investimentos non é máis que unhas obras de chapa e pintura"

Denuncian o mal estado da fabrica de Bfrens
Denuncian o mal estado da fábrica de Brrens
Comité de XEAL: "O que chaman Plan de Investimentos non é máis que unhas obras de chapa e pintura"

Anunciou este sábado a dirección de XEAL, o que chama un “ambicioso plan de investimentos de 28 millóns, 14 para cada unha das dúas divisións da compañía, ferroaleacións e enerxía”. Sinala que xa ten en marcha varias obras, por 1 millón de euros, de “adecuación e ampliación dos sistemas de control medioambiental nun dos seus fornos de silicomanganeso”, un dos fornos que seguen parados nunha fábrica de Brens que traballa ao 8% da súa capacidade.

Se ben as obras rematarán a finais do segundo trimestre, a empresa asegura que están encadradas no “plan de futuro anunciado pola compañía de investir na división de ferroaleaciones 14 millóns de euros durante os próximos cinco anos, atendendo aos seus catro eixes estratéxicos: seguridade, medioambiente, coidado de activos, e eficiencia e produtividade”.
A empresa afirma que "na división de ferroaleaciones están previstas uns investimentos de 3,5 millóns de euros no ano 2021, adicionais aos 1,8 millóns de euros xa executados durante 2020. E na división de enerxía está previsto investir 4,5 millóns de euros adicionais aos 1,3 millóns de euros xa executados durante o 2020".

”Chapa e pintura”

Mal estado da fabrica de Brens
Deficiencias na fábrica de Brens

Dende o Comité, que levan meses solicitando o devandito Plan de Viabilidade (con mediación da Xunta), non se cren as cifras. Ademais de lamentar terse que enterar pola prensa dun plan destas características, lembra que “o millón de euros será para reparacións, non para inversións”, pois denuncia que o estado da planta de Brens é lamentable.

Para o Comité as obras redúcense a traballos de “chapa e pintura”, e lamentan que “non se fala da posta en marcha dos fornos parados”, polo que entenden que se trata de “propaganda”. Iso si, ”as únicas inversions que fan para o proceso produtivo está dedicada a eliminación de postos de traballo”, denuncia.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

Comentarios