Lembran a necesidade de estabilizar os servizos de psiquiatría e dermatoloxía no HVdX no seu 25 aniversaio
Resoan estes as palabras da nova xerente do Sergas, Estrella López-Pardo, nas que aseguraba que “non poderá haber un pediatra en cada centro de saúde” do país. Palabras que dan conta, sen máscaras, do absoluto desdén do goberno da Xunta de cara á sanidade pública. Comprobámolo na comarca coa carencia de pediatras, ou máis ben puericultores, nos nosos centros de saúde. Pero tamén o facemos ao analizar as carencias do servizo de psiquiatría no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.
Dende o pasado mes de xaneiro leva o centro hospitalario sen un servizo axeitado de pediatría. A profesional, que se incorporou hai unhas poucas semanas atópase de baixa médica, polo que no hospital están de novo sen especialista de Psiquiatría, feito que deixa as doentes coa única posibilidade de desprazarse a Coruña, sobrecargando aínda máis aos profesionais doutros hospitais que contan xa cos seus propios pacientes.
Dende o BNG lamentan que a resposta ás peticións sempre sexa a “non hai especialistas”, pedindo ao seu grupo parlamentar que volva levar o asunto ao Parlamento galego.
Outras eivas
Dende o BNG comarcal lembran que aespecialidade de Dermatoloxía atópase agora mesmo en idéntica situación, co persoa que ocupa o posto nunha baixa de mais de dous meses.
25 anos
O BNG lanza esta denuncia coincidindo co evento que se vai celebrar este venres 21 de outubro. O Sergas celebra os 25 do Hospital Virxe da Xunqueira. Estará Jorge Mira e haberá unha homenaxe a José Rey Aneiros.
Novas relacionadas
- Outubro 22: Recollen sinaturas en Camariñas para a ILP SOS Sanidade Pública noutro momento crítico.
- Agosto 22: Denuncian unha solución urxente para a falta de persoal no Hospital de Cee.
- Xuño 22: O SAE denuncia ante Inspección a irregularidade no servizo de farmacia do HVdX.
- Xuño 22: A Consellería de Sanidade nin responde á Valedora do Pobo sobre a falta de psiquiatra no HVdX.
- Abril 22: O BNG de Cee leva a falta de psiquiatra no Hospital Virxe da Xunqueira á Valedora do Pobo.
- Febreiro 22: Esixen a recuperación do servizo de psiquiatría.
- Febreiro 22: O Hospital de Cee leva un mes sen psiquiatra.