Luns. 14.10.2024
El tiempo

Mateo Pérez Soto, un dos 20 alumn@s galegos que leva o Premio Extraordinario de Bacharelato

Mateo Pérez Soto Olimpada QUimica Cee
Mateo tamén galou a Olimpiada de Química este ano
Mateo Pérez Soto, un dos 20 alumn@s galegos que leva o Premio Extraordinario de Bacharelato

Acabou o seu ciclo escolar, e faino cun novo premio. O ceense Mateo Pérez Soto recibía esta semana o recoñecemento da Xunta de Galicia, como un dos 20 mellores alumnos que cursaron 2º curso de Bacharelato no curso 2021/22. O alumno do IES Agra de Raíces leva un dos premios extraordinarios ao contar unha nota media na etapa igual ou superior a 8,75 puntos e superar unha proba presencial específica, unha análise e comentario crítico dun texto.

Mateo leva un galardón económico de 1.000€ e un diploma acreditativo.

Novas relacionadas

Comentarios