Mércores. 18.09.2024
El tiempo

Novas mobilizacións para escribir unha carta contra a LOMCE

Novas mobilizacións para escribir unha carta contra a LOMCE
Mobilizacion contra a Lomce

Non para a loita contra a nova Lei de Educación, a chamada Lei Wert, en alusión ao ministro impulsor. Así o decidiron trala última xuntanza de Anpas de Galicia celebrada en Vimianzo. E hoxe, volve ser un día de loita, de manifestación.

A Federación de ANPAs da Costa da Morte, como membro da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, convoca para o mércores 4 de xuño novas mobilizacións contra a LOMCE e contra os recortes no Ensino Público. O vindeiro acto reivindicativo, na Costa da Morte, terá lugar en Cee e Carballo, ás 19:30 horas.

Ese mesmo día, pola mañá, proporase aos centros que dean lectura a un manifesto que denunciará os recortes e que incluirá un chamamento a non aplicar a LOMCE naqueles aspectos máis nocivos para o ensino público.

Tanto en Carballo como en Cee (cabeceiras de comarca) van escribir unha carta ao goberno (nun "folio" dun tamaño 5x6 metros) que será redactada polas persoas presentes na concentración. Nesta carta ao conselleiro e ministro de Educación van amosar a súa preocupación pola implantación da LOMCE, polos recortes e as repercusións negativas que estes teñen na calidade do ensino e na formación do alumnado, das fillas e fillos. Tamén solicitarán a volta ao sistema de préstamo universal de libros de texto e a retirada da LOMCE!!!.

Novas relacionadas

Máis novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

Comentarios