Novo paso para a EDAR de Cee e Corcubión: A Xunta licita a redacción do proxecto
10:44 12/01/21
Hai xusto un mes se aprobaba o investimento para a redacción do proxecto da nova EDAR de Cee e Corcubión. Unha obra que por fin poderá fin a esas verteduras directas de numerosas vivendas que durante máis de 10 anos levan convertindo a ría nun foco de coliformes.
Hoxe a Xunta dá un paso máis, coa licitación da redacción do proxecto. As empresas poden presentar a súa oferta ata o 18 de febreiro, tendo un prazo de execución de 12 meses. O investimento é de aproximadamente 370.000€ (de Fondos Europeos), unha pequena parte dos 10 millóns necesarios para completar a EDAR, que se instalará no lugar de Fornelo, en fronte da actual.
Por agora a Xunta non ofrece prazos de execución da obra completa.
Histórico sobre o problema do saneamento na ría de Corcubión
- Xaneiro 2021: A caño libre… 11 anos despois.
- 10-12-2020: Aprobado o investimento para a redacción do proxecto da nova EDAR de Cee e Corcubión.
- Novembro 2019: Preguntan á Comisión Europea se existe financiamento para o saneamento da ría de Cee e Corcubión.
- Abril 19: Ana Miranda: “É unha prioridade consignar orzamento para a limpeza desta praia e o saneamento da ría de Corcubión”.
- Marzo 19: A contaminación da ría de Corcubión, de volta ao Parlamento Europeo.
- Outubro 17: O BNG insta á Xunta a que inclúa nos orzamentos o saneamento da ría de Corcubión.
- Maio 17: A contaminación da ría de Corcubión volve ao Parlamento Europeo.
- Febreio 15: O BNG reitera no Parlamento o informe sobre o estado da ría de Cee-Corcubión.
- Outubro 14: O BNG pregunta no Parlamento pola ría de Corcubión.
- Febreiro 13: O BNG esixe o saneamento integral da ría de Corcubión.
- 2011: Unha ría eternamente pechada.