mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Nadal une en Cee a pequenos e maiores

O Nadal une en Cee a pequenos e maiores
Peques e maiores no Centro social

Onte, Cee vivíu unha xornada interxeracional. Pequenos da Escoliña ceense e maiores do Centro Social compartiron festa e uns e outros cantaron xuntos unhas panxoliñas de nadal. Cando rematararon de cantar tiveron unha sorpresa por parte do grupo de calceta que regalou aos peques unhas mantas marabillosas de moitas cores.
Non paran ademais as actividades na Escoliña, pois o próximo martes vai Papá Noel e o fai en Bicicleta!!!

Menudo matiña que levaron de regalo dos maiores do Centro Social os peques da Escoliña

Festa de Nadal no Eugenio López

Anpa Uxio

E tamén traemos estas imaxes que nos achega Rafa Quintáns do festival de nadal celebrado pola Anpa Uxía do colexio Euxenio López de Cee. Unha festa onde non faltaron os inchables, globoflexia, música, merenda e como non a visita de Papá Noel.

Papa Noel estivo na festa de Nadal do Eugenio Lopez

Éxito da charla-coloquio da "A.F. y Salud en el Adulto"

Mariano Castineira Villaseco en Cee

Unhas 80 persoas asistiron á conferencia impartida polo traumatólogo Mariano Castiñeira Villaseco no salón de actos do Concello de Cee este pasado xoves 19 de decembro. Unha actividade enmarcada na programacion deportiva do Concello e Cee para o curso 2013-14 e na que colaborou a Asociación Deportiva Olimpia.

Numeroso publico na charla ceense

Novas relacionadas

Novas solidarias

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios