mércores. 30.04.2025
El tiempo

Pequenas melloras eléctricas para o Colexio Eugenio López de Cee

Pequenas melloras eléctricas para o Colexio Eugenio López de Cee
Visita institucional ao Colexio Eugenio Lopez de Cee

Anunciaba onte a alcaldesa de Cee, Zaira Rodríguez, acompañando á delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, o inicio de diversos traballos de mellora no colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Eugenio López, de Cee. Unhas obras que se realizarán durante o período non lectivo de Nadal para levar a cabo estas obras, co fin de non interferir no desenvolvemento normal da actividade académica, pero que apenas chegan aos 16.000€.

A actuación, que estará rematada para o inicio das clases, consistirá na reforma da instalación eléctrica do edificio, co fin de incrementar a seguridade e reducir os riscos de accidente, así como adaptala á normativa vixente.

Novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios