Venres. 19.04.2024
El tiempo

Route-552: O R&R da Costa da Morte

Route-552: O R&R da Costa da Morte

Como nos prestan estas alusións oníricas á nosa bisbarra. E se vén a ritmo de R&R aínda máis. Fantástica a proposta de Route 552, a banda dos ceenses Alan Louzán, Abel Morenza, Luís Ares e Angel García Santos.

O seu nome xa dá conta da súa procedencia, e parece que teñen morriña desa vía vertebradora da súa Costa da Morte agora en tempos de Autovía. Despois de sacar un disco con The Suffering, Alan forman Alan Acoustic Project, e parece que este Route 552 vai collendo forma e xa vai tocando polos bares da contorna.

Hai pouco daban este vistoso concerto no Praia de Quenxe de Corcubión, e nos deixaron este temazo con sabor a puro rock&roll costeiro: Route 552. Se queredes velo, este sábado 1 de outubro, á media noite, estarán no Antano, na Serra de Outes.

Novas relacionadas

Máis novas musiqueiras

Máis novas

Fonte

Comentarios