Un Nadal de música, poesía e teatro en Cee


Este fin de semana comezaba a programación cultural para este Nadal en Cee. E o fixo con moito ritmo e música da man de Fabio Mancha, a Banda de Música de Arteixo e a academia de baile flamenco Sandra Marmolejo.
Pero o Nadal en Cee non ten parada. Con varios puntos fortes, como o Recital de Manolín, a música e teatro infantil serán os protagonistas.
Pero tamén teremos deportes. Así, este xoves 19 toca charla sobre "Exercicio físico e saúde" a cargo do traumatólogo D. Mariano Castiñeira Villaseca. A Cita, no Salón de Actos do Concello ás 20.00h coordinado pola A.D. Olimpia.
O propio xoves o Centro Social do Concello de Cee, organiza o seu “Nadal Interxeracional”. Ás 10.30 a coral do centro coñeceran a Guardería municipal, onde cantaran unas panxoliñas as nenas e nenos, facéndolle entrega duns agasallos por parte das persoas participantes do obradoiro de calceta.
O venres 20 hai Festival de Nadal a cargo do alumnos da Escola de Música. Dende as 19.30h no Salón de Actos do Concello.
E para o sábado, ás 19:45h na Igrexa Parroquial a Coral Polifónica Neria fará o seu Concerto de Nadal.
E completará a fin de semana un domingo 22 cheo de cousas. Arrincará a tarde coa Visita de Papá Nöel polas parroquias: Aula Cultural-Biblioteca de Lires. 16.30 h. Casa de Cultura de Pereiriña; 18.15 horas. Casa de Cultura de Ameixenda: 16.30 horas. Casa de Cultura de Brens: 18.15 h. Centro Aspadex de Vilar de Toba: 17.30 horas.
E pola tarde, para poñer o broche, Recital de Nadal a cargo de Manuel Oliveira “Manolín” acompañada ó piano por Dolores Oliveira. A partir das 19.00h no Salón de Actos do Concello.
Continúa o programa nas seguintes datas:
- Sábado 28. Títeres Duende Sico: A casiña de chocolate. 17.30 h. Salón de Actos do Concello.
- Domingo 29. O crebanoces. Espectáculo familiar adaptación do clásico conto de Hoffmann con música de Tchaicovsky. (Programa Falaredes 2013, Secretaría Xeral de Política Lingüística) 17.30 h. Salón de Actos do Concello de Cee.
- Xoves 2 xaneiro. Festa de inchables no Pavillón Polideportivo Municipal de 16.30 a 19.30 h.
- Venres 3 xaneiro. Obradoiros de Coroas e Cartas ós Reis Magos a partir das 16.30 h. na Escola de Música.
- Sábado 4 xaneiro: Festa infantil coa chegada do CARTEIRO REAL. Desde as 16.30 h. na Praza da Constitución (en caso de choiva tería lugar no salón de actos do Concello).
- Domingo 5 xaneiro. CABALGATA DE REIS. A partir das 17.00 h. as SS.MM. Os Reis Magos de Oriente percorrerán diferentes rúas da vila. Logo terá lugar a recepción ós nenos e nenas na Praza da Constitución (en caso de choiva tería lugar no Pavillón Polideportivo).
Novas relacionadas
Outros programas de Nadal
- Fisterra e Corcubión únense por solidariedade.
- Polo Nadal, en Laxe xogamos todos.
- 50 cousas que facer este Nadal en Carballo.
- Vimianzo prepara un Nadal.
- Ponteceso continúa co seu Nadal Máxico.
- Zas prepara un Nadal de tradicións.
- Dumbría soña polo Nadal.
- Muxia xa ten o seu programa de Nadal.
- Menudo Nadal máxico en Ponteceso.
- Os Empresarios de Ponteceso preparan un Nadal Tecnolóxico.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).