Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Unha viaxe polo mundo para pechar o ambicioso programa dual do Mes da Fundación

Charla de Xurxo Marino en Cee
Charla de Xurxo Mariño en Cee
Unha viaxe polo mundo para pechar o ambicioso programa dual do Mes da Fundación

Rematou un mes de actividades arredor da 7ª Edición do Programa O Mes da Fundación. A Fundación Fernando Blanco pecha un mes de novembro (o adicado ao mecenas soe ser o de outubro pero este 2019 tivo que caer en novembro) con citas variadas tanto para o alumnado dos centros educativos como para o público en xeral.

Charla de Vieiro en Cee

A última semana pechaba os actos para o alunado do IES Agra de Raíces, IES Fernando Branco e CPR Manuela Rial, coa charla da asociación Vieiro de Carballo. A educadora social da entidade, Miriam Romeu Traba, levou a conferencia “Con Sumo Coidado”, afondando sobre os efectos e as consecuencias do consumo de sustancias, incidiendo no alcohol, tabaco e cannabis.

Xurxo marino en Cee

Xa en plena fin de semana tocaba o último acto aberto, que non era outra que conferencia-proxección de Xurxo Mariño titulada "Ciencia, aventuras e viaxes dunha viaxe arredor do mundo”.
Xurxo Mariño desenvolveu unha charla, con gran contido visual, inspirada nunha viaxe arredor do mundo que realizou entre os anos 2013 e 2014, visitando países, culturas e espazos moi variados.
Na conferencia, Xurxo viaxou de novo, axudado polas imaxes que tomou, a moitos lugares do planeta, explicando algunhas das experiencias que viviu a partir da visión dun científico. Con él visitamos desertos, canóns, estrelas, poboacións indíxenas, plantas e animais, volcáns, fósiles, arrecifes, glaciares ou comidas exóticas. Todo para amosar que o mundo pode interpretarse de maneiras moi distintas segundo a mente que o observe; un exercicio mental que tamén podemos facer na vida cotiá, interpretando o noso contorno a través da literatura, a ciencia ou a arte. Unha delicia de actividade a que pechou o noso programa.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios