xoves. 08.05.2025
El tiempo

A Asoar-Armega será a anfitriona do Encontro da Plataforma Europea de Pescadores Artesanales

A Asoar-Armega será a anfitriona do Encontro da Plataforma Europea de Pescadores Artesanales
Luís Rodríguez, da ASOAR ARMEGA, nunha acción diante do Parlamento Europeo con LIFE

Segue esta entidade radicada en Corcubión pero con miras mundiais, pelexando polo futuro da pesca artesanal. Ese tipo de pesca que emprega a milleiros de mariñeiros en todo o país pero que segue a ser esquecida polas administracións. Non tanto polas entidades europeas, e así o refrenda a visita da Plataforma LIFE (Low Impact Fisheries European), Plataforma de pescadores artesanais europeos, que fora constituída e formalizada o pasado ano para dar voz a tódolos pescadores artesanais de Europa e defender intereses comúns deste sector diante da Unión Europea, e da que a Asoar-Armega forma parte.

Será nun encontro cos pescadores galegos que se vai celebrar o vindeiro sábado 14 de marzo no Hotel Congreso de Santiago, con José Luis Rodríguez, presidente de Asoar, e membro tamén da Xunta Directiva de LIFE, como anfitrión. Á xuntanza asistirá en representación de LIFE o seu Director Executivo, Jeremy Percy, xunto con outros membros da Xunta Directiva, ou core-team, que forman a Plataforma.

Será unha xornada que será aberta ao sector pesqueiro artesanal galego e ao que tamén asistirán outros pescadores de diferentes puntos de España e Europa. Unha cita para que a entidade poida dar detalle dos pasos dados ata o de agora ante a Comisión Europea de Pesca, e informar da reunión mantida fai uns días co novo Comisario, Karmenu Vella, así como para tratar diferentes problemas que afectan aos pescadores artesanais europeos como poda ser a falta de cuotas ou a discriminación a que son sometidos por os distintos gobernos.

A intención do encontro non é outro que a de presentar a LIFE como ferramenta para a defensa común de tódolos pescadores artesanais europeos e como canle directa entre o sector e os distintos estamentos da Unión Europea, para que o sector poida transmitir a través da Plataforma as distintas inquietudes e problemas que están a afectar a flota artesanal.

Un orgullo para nós, que o actual gañador do Premio Osíxeno, siga dando aire á flota artesanal galega, como o fixera no mesmo Parlamento Europeo ou nas propias rúas de Bruxelas, como vemos na foto.

Novas relacionadas

Seguridade no mar

Limpando as nosas rías

Divulgación e dignificación no mar

Estudios da ASOAR

Fonte

  • Nota de prensa da ASOAR.

Comentarios