Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A flota artesanal eleva as queixas polos cobros abusivos de portos de Galicia na tarifa X4

A flota artesanal eleva as queixas polos cobros abusivos de portos de Galicia na tarifa X4
Embarcación de baixura no porto de Fisterra con unha pancarta reivindicativa da Asoar-Armega

A loita nas rúas compaxínase ca dos despachos, e neste caso, a Asoar-Armega envía un comunicado denunciando unha taxa que entenden excesiva.

A entidade, radicada en Corcubión e representante da pesca artesanal en toda Galicia, está a recibir nos últimos meses queixas e protestas de armadores da flota artesanal polo que consideran un cobro “abusivo” de Portos de Galicia na tarifa X4 pola Pesca Fresca. Este feito vense producindo consecutivamente nos últimos meses, como así xa o ten revelado esta Entidade noutras ocasións, pero “a pesares das continuas queixas e das peticións realizadas a Portos de Galicia, este Ente non solo segue a mirar para outro lado senón que nin sequera contesta a peticións de reunión que se teñen enviado para aclarar esta situación”, sinalan.

As queixas dos armadores veñen derivadas pola aplicación da Tarifa X4 e o valor do mercado que Portos de Galicia fai sobre a pesca capturada, e que fai elevar cuantativamente a Base Impoñible da tarifa e, con elo, o importe final que acaban pagando por esta Taxa. Algúns destes armadores dí que o valor que se lle da aos productos triplica as cantidades facturadas por eses productos e consideran que se debería aplicar unha Base Impoñible axustada a realidade e as facturas de venda destes armadores.

Pero e que ademais, denuncian que “a Taxa estase a duplicar no caso daqueles Portos nos que non existen lonxas ou puntos de venda, e nos que os armadores deben expedir unha guía de transporte para o traslado dos productos pesqueiros, xa que esta mesma Taxa aplícaselle en primeira instancia no documento de transporte e, en segunda instancia, na factura de vendas realizadas na lonxa correspondente”. Así, “se unha embarcación paga a Tarifa X4 ao expedir a guía de transporte para a pesca de un determinado día, Portos de Galicia volve cobrar esa mesma Tarifa X4, na venda desa mesma pesca dese mesmo día, cobrando unha mesma tasa dúas veces”, entenden.

Algúns dos afectados comenta que tratando o tema con Portos de Galicia, dende este Ente indicóuselle que nos meses posteriores se lle aplicaría o desconto do 50% da taxa, pero despois de transcorrido case un ano ese desconto hai non foi executado. Os armadores temen que este desconto non se produza e denuncian o cobro abusivo desta tarifa.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios