Mércores. 08.05.2024
El tiempo

A Costa da Morte móvese polo Partido Xudicial de Corcubión

A Costa da Morte móvese polo Partido Xudicial de Corcubión
Corcubion Partido Xudicial

Segue dando pasos a veciñanza nacionalista da zona na defensa do Partido Xudicial de Corcubión. Un dos máis simbólicos é un vídeo-montaxe coas fotos da concentración cun emotivo “Grandola Vila Morena” de fondo.

Pero non só na rede se desenvolve esta campaña. O BNG Costa da Morte púxose a repartir polos establecimentos da zona unha placa reivindicativa coas letras “CPX”, de Corcubión Partido Xudicial, buscando a complicidade do tecido empresarial. E a resposta está a ser estupenda por partes dos hostaleiros e demais comercios, conscientes da importancia dos Xulgados na vila económica da vila e da zona.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios