A democracia dixital nace con semente da Costa


Xa coñecemos a participación costeira na Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet). Deste xeito, cada actividade que desenvolve a entidade ten semente costeiro. COmo a noedosa proposta que presentaban hoxe en Santiago.
Trátase do servizo pioneiro en Galicia a Democracia Dixital ou “e-democracia”, que permite a implicación das empresas socias nos debates e tomas de decisión habituais.
Esta será empregada de xeito interno para a toma de decisións co obxectivo de facilitar e mellorar as posibilidades de participación dos socios na vida cotiá da organización. A plataforma foi desenvolvida por Eganet coa colaboración da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica dirixida por Mar Pereira.
O vicepresidente e o membro da Xunta Direxctiva de Eganet, Daniel Cerqueiro e Alejandro Lamas, ambos da Costa da Morte, foron os encargados de dar a coñecer este servizo que permite aos socios exercer o dereito a voto a través da Internet abalados pola sinatura dixital e identificados mediante o DNI electrónico.
"Transformamos o método de votacións mais ampliamos as capacidades de cada membro na toma de decisión, é decir, melloramos e salvagardamos os principios fundamentais do asociacionismo que residen no pleno poder da asemblea”, asegurou o Alejandro Lamas da asociación. O cambio de procedemento, segundo os directivos da asociación, vén cubrir a necesidade de conciliar a vida empresarial, persoal e asociativa dos membros da organización.
“O día a día de cada quen complica as posibilidades de participación na actividade asociativa; desprazamentos, reunións, debates e finalmente as votacións, é un procedemento que leva demasiado tempo de dedicación”, explicou Daniel Cerqueiro. A toma de decisión consensuada, a facilidade para participar no debate e o voto a través da Internet elimina, pois, a necesidade de convocar xuntanzas e de realizar desprazamentos, e reporta axilidade e maior participación no día a día asociativo.
Novas relacionadas
- Pioneiro curso de marketing online con participación costeira.
- A Costa da Morte dinamiza o Turismo da Coruña.
- Corcubión sigue aumentando a súa realidade.
- Galinus traballa pola redución da fenda dixital nas áreas rurais do país.
- 1 millón de visitas, 1 millón de gracias.
- Galinus amosa en Vimianzo as vantaxes das ferramentas 2.0.
- Entrevista: Unhas verbas lusófonas con Daniel Cerqueiro, Xerente de Galinus.
Máis novas
- 2010, un gran ano para QPC.
- A Costa da Morte no corazón das TIC galegas.
- QPC e Galinus, finalistas por partida doble dos premios Eganet 2010.
- QPC presentouse en sociedade.
- A vangarda das Novas Tecnoloxías de Galicía xuntouse na Costa da Morte.
- 3 representantes da Costa da Morte na cúpula das TIC galegas.
- A Costa da Morte á cola da implantación da internet en Galicia.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).