Venres. 29.03.2024
El tiempo

Pioneiro curso de marketing online con participación costeira

Pioneiro curso de marketing online con participación costeira

A partir do mes de abril celebrarase na Escola Superior Marcelo Macías da Coruña, o primeiro Curso de Especialización en Marketing Online e Social Media Marketing. Un curso pioneiro que organiza a entidade en colaboración con dous profesionais galegos do marketing online. Un deles é o Xerente da empresa corcubionesa Galinus, Daniel Cerqueiro. O consultor Javier Varela (de Toctocmedia), outro dos gurús do marketing online do país, é o coordinador.

O curso celebrarase entre os meses de abril e maio de 2011 cunha duración de 200h entre horas presenciais e online. Será arredor dunhas 80 horas presenciais, impartidas no centro formativo da Escola na vila herculina. Pero tamén se abrirá unha plataforma que aglutine contidos online.

Os contidos engloban toda clase plataformas na internet, redes sociais, social media marketing... Pero o máis salientable do curso serán os relatorios de varios dos mellores expertos de Galicia en marketing online, community management e social media marketing.

Inscricións

Xa está aberto o prazo de inscrición. Podedes confirmala dende www.cursomktonline.com ou chamando ao teléfono 981-23 52 65 e referíndose ao Curso de Marketing online preguntando por Esther.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios