A Liga de Tenis de Mesa necesita prórroga e prepara un equipo federado conxunto


A pasada semana tivo lugar a última xornada da I Liga Intermunicipal de Tenis de Mesa Reale, pero sen embargo non acabou a liga. Pois os dous equipos acordaron antes de empezar o enfrentamento que si gañaba Corcubión, disputaríase un encontro de desempate en Muxía. Como gañou Corcubión, dito enfrentamento será o vindeiro xoves as 7 da tarde nas instalacións do Cabo Touriñan en Muxía (antiguo mercado municipal).
Ademais, outra das boas novas é que tamén acordaron no terceiro tempo, mentras se tomaba un refresco a beira da praia de Quenxe, facer un equipo conxunto para participar na liga federada entre os participantes desta liga: Muxía, Ponteceso e Corcubión. A eso cómpre charmarlle deportividade, rivais canto esta a mesa coa rede no medio e compañeiros cando acaba a competición.

I Liga Intermunicipal Reale, xornada 6
- Resultado: CORCUBIÓN - MUXÍA (5-1).
Resultados parciales:
CORCUBIÓN | -- | MUXÍA | |
Martín Pérez | 3-2 | Eduardo Rey | |
Mario Iglesias | 3-1 | Miguel Toba | |
Carlos Pazos | 0-3 | Santiago Pérez | |
Martín Pérez | 3-0 | Miguel Toba | |
Carlos Pazos | 3-2 | Eduardo Rey | |
Mario Iglesias | 3-0 | Santiago Pérez |
Xa o comentabamos cando Corcubión visitou Muxía que hai máis igualdade entre estes dous equipos que o que poida reflexar o marcador. Pois desta vez igual, so que a victoria foi para os de Corcubión. Parecía como se os de Muxía esperasen ao encontro de desempate.
Este preséntase emocionante e igualado, sen un claro favorito para a vitoria final e ser o primeiro campión desta liga de tenis de mesa. O xoves sairemos de dubidas.
E despois, o sábado 18 terá lugar o torneo individual a partires das 4 da tarde para ao final de dito torneo entregar por parte de Reale Seguros (oficinas de Ponteceso, Carballo e Arteixo) os trofeos por equipos e individuais así como un agasallo conmemorativo a cada participante desta liga corta pero intensa e engalaiadora, pois todos querian facer outra volta. De aí aproveitaron os de Muxía e Corcubión para volver a xogar e non decidir o gañador pola diferencia de partidos ou sets gañados.
Novas relacionadas
- A Liga Intermunicipal de Tenis de Mesa segue chea de emoción.
- O Anorthosis Vimianzo é novo equipo de 1ª División Galega de tenis de mesa.
- O tenis de mesa base segue disfrutando mentres o Anorthosis prepara o asalto ao ascenso.
- O Anorthosis achégase á 1ª División mentres a Liga Intermunicipal continúa con estreas.
- Ponteceso e Muxía protagonizan un apretado comezo da Liga de tenis de mesa.
- Calendario: En marcha a Liga Costa da Morte de tenis de mesa.
- A campiona galega benxamín de tenis de mesa chámase Lorena e é de Zas.
- Unha festa deportiva para pechar o 1º Circuito de Xadrez da Costa da Morte.
Fonte
- Nota de prensa de Estevo Lema.