A pesca artesanal arma unhas Xornadas reivindicativas polo futuro do mar


Non parou o sector da pesca artesanal de pelexar polo seu, de pelexar polo mar. Despois da campaña de manifestacións que levou a cabo durante novembro e decembro do ano pasado, agora toca crear algo. E por iso, dende a Confraría de Corcubión, a que liderou as concentracións, xa están preparando as “Xornadas Reivindicativas dunha pesca artesanal sustentable, baixo o lema “Defender o noso mar. Ten Futuro”.
Serán dúas sesións na Casa da Cultura de Corcubión, para os días venres 27 e sábado 28 de febreiro de 2015. O venres toca sesión didáctica cos máis pequenos. Serán os os rapaces do 3º ciclo do CEIP Praia de Quenxe corcubionés os que visiten as instalacións da Confraría de Pescadores, o porto e a Lonxa.
Xa o sábado, a partir das 12:00h, toca reflexión dos maiores. Presentará a sesión o Patrón Maior do pósito corcubionés, José Domínguez Buiturón, xunto ao alcalde Francisco J. Lema, Chisco. De seguido, o biólogo Xoán Lueiro falaranos sobre a “A pesca artesanal na procura de sustentabilidade ecolñoxica, económica e social”.
Haberá tamén unha mesa redonda e debate entre biólogos e membros da confrarías, antes da Entrega de premios do certame de poesía aberto para os cativos do cole corcubionés, amenizado polo pequeno recital que darán Chisco Fernández Naval e Alexandre Nerium, dous poetas costeiros moi vencellados ao mundo do mar.
Novas relacionadas
- 01-12-14: Apoio multicolor á pesca de baixura.
- 28-11-14: O BNG pide compromiso aos Concellos coa loita da pesca artesanal.
- 24-11-14: A baixura costeira segue mollándose.
- 19-11-14: A defensa da pesca de baixura tamén chegará aos plenos municipais.
- 17-11-14: A baixura galega pelexa polo seu futuro en Corcubión.
- 13-11-14: A pesca artesanal pide sardiña.
- 10-11-14: A pesca artesanal álzase contra o arrastre con concentracións en Corcubión.
- Asoar traslada aos eurodiputados as demandas do xeito.
- 30-09-14: O peche da sardiña pon contra as cordas ao sector do xeito.
- Alarmante situación a da pesquería do polbo.
- A pesca artesanal responde á Xunta que quere seguir sendo artesanal.
- A Costa da Morte presente na nova Plataforma de Pesca Europea Artesanal LIFE.
- A loita polas cotas da pesca artesanal chega ás rúas de Bruxelas.
- Un berro pola pesca artesanal.
Máis novas
- A Reserva dos Miñarzos, aínda un exemplo mundial de pesca sustentable.
- O BNG escoitou ás confrarías da Costa da Morte.
- ADEGA outorga o Premio Osíxeno 2014 ao presidente da Asoar-Armega.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).