A ría de Camariñas viviu a segunda regata da Liga Costa da Morte a vela


Esta pasada fin de semana, o o Club Náutico de Camariñas celebrou a 2º regata da Liga Costa da Morte. Nesta ocasión as condicións climatolóxicas foron excelentes e os rapaces puideron disfrutar do mar con todas as consecuencias.
Acodiron á cita 6 embarcacións optimist do Clube Marítimo Carrumeiro de Corcubión, e 4 optimist e 1 omega dos locais do Club Náutico Camariñas.
Na clase Omega, ao só presentarse un barco, o do C.N.Camariñas, foi máis unha sesión de adestramento. Os camariñáns realizaron as 4 probas con saídas individuais e con toma de tempos, mellorando o seu traballo en equipo e dominio do barco.
Pola súa banda, en Optimist, os corcubioneses seguen a demostrar a súa experiencia e coparon os primeiros potos co podio para Manuel Marcote Codesido, Cristina Fernández Trillo e Marcela Corbelle. O primeiro camariñán foi Daniel lado Campana, na 6ª posición.

O domingo, unha vez rematadas as mangas, tivo lugar o acto de Clausura, que contou coa presenza do presidente de C.N.Camariñas Alberto Artaza e Sandra Insua Rial Condejala de deportes e Cultura de Camariñas.




Liga Costa da Morte de vela
- O C.N. Camariñas sorprende na 1ª Regata da Liga Costa da Morte de Vela.
- Corcubión, Camariñas e Fisterra abren a Liga Costa da Morte de Vela.
- Liga Costa da Morte 2010: O Carrumeiro certificou a súa supremacía en Camariñas na Liga Costa da Morte de vela .
Novas relacionadas
- O nordés dificultou a regata máis numerosa da ría de Corcubión.
- 200 nenos disfrutaron do mar a vela dende a Escola.
- A Costa da Morte afía o vento para a I Travesía de Kitesurf.
- Dumbría tamén apúntase á vela.
- Un paseo a vela cos pequechos da Escola Municipal de Corcubión.
- II Competición en Idade Escolar 2010: A ría de Camariñas acolleu a súa competición do Mar na Escola.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa de Cataventos Escola de Vela.