Xoves. 29.10.2020
El tiempo

O BNG volverá levar ao Parlamento o esquecido Centro de Día de Corcubión

O BNG volverá levar ao Parlamento o esquecido Centro de Día de Corcubión

Son case 10 anos reivindicando o Centro de Día de Corcubión. Un proxecto que se puxo en marcha en 2014 pero que foi sendo esquecido polas administracións, a pesar de que o antigo edificio do Asilo está perfectamente acondicionado para acoller unha residencia deste tipo.

Hoxe, a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, despois de visitar aos traballadores da antiga Ferroatlántica cruzaba a ría para manter un encontro cos responsables municipais e locais do BNG, entre eles o que fora emblemático rexedor, Rafael Mouzo.

Pontón recordou que o edificio “está rehabilitado e podería entrar en funcionamento pero está pendente de que a Xunta decida recibir o centro para que os veciños e veciñas dispoñan dun servizo básico. Hoxe non teñen este equipamento o que lles obriga a desprazarse moitos quilómetros até Cabanas o Muros”.
Así, asegurou que o BNG levará o asunto ao Parlamento para reclamarlle á Xunta que se faga cargo da instalación e que a poña a funcionar.

Tamén se fixo eco da necesidade de ampliar os equipamentos portuarios que permitan compatibilizar a actividade do sector pesqueiro con embarcacións de uso recreativo, nunha vila de tanta vinculación co mar.

Novas relacionadas

comentarios