mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Concello de Corcubión rexeita “con firmeza” os orzamentos da Xunta de 2025

Casa do Concello de Corcubion 2
O Concello de Corcubión rexeita “con firmeza” os orzamentos da Xunta de 2025

O equipo de goberno do Concello de Corcubión vén de manifestar que rexeita “con firmeza” os orzamentos da Xunta de Galiza para 2025, considerando que “unha vez máis, son unhas contas que volven a esquecerse do noso municipio”.

O goberno municipal sinalou que os orzamentos autonómicos “amosan un claro desprezo do goberno galego por cuestións tan importantes para Corcubión como o Porto Mixto, con só 25.000 euros previstos para 2025, ou a estrada AC-445 ao seu paso pola vila de San Marcos, que necesita una arranxo importante logo de anos sen botarlle man, ademais de que os peregrinos que veñen de Santiago a Fisterra teñen que atravesala tres veces e non existe ningunha medida de seguridade”.

Respecto ao Porto Mixto, o voceiro do equipo de goberno, Lois Lado, afirmou que “a Xunta do PP volve a tomar o pelo aos corcubioneses e corcubionesas, escudándose no informe de impacto ambiental para retrasar unha vez máis o proxecto, que debería ser
declarado de interese autonómico polo goberno galego para axilizar a tramitación”.
Lado avanzou que o Concello de Corcubión “seguirá loitando para que o Porto Mixto sexa unha realidade” e criticou que desde Portos de Galicia aínda non recibisen ao alcalde para tratar do asunto, “logo de ter pedido unha reunión desde hai xa tempo”.

Desde o consistorio corcubionés tamén incidiron no abandono por parte da Xunta da dársena de Quenxe e do saneamento e abastecemento de augas, así como a falta de compromiso do goberno liderado por Rueda rexeitando unha e outra vez a apertura do centro de día e coa financiación da escola infantil municipal.

As diferentes visións partidistas sobre os Orzamentos

Comentarios